A Xunta culmina as obras de restauración do Teatro da Beneficencia nas que investiu máis de 48.000 euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial de Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, supervisou esta mañá o resultado dos traballos acometidos pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude
- As obras consistiron na aplicación dun tratamento contra as humidades, no pintado de paredes e carpinterías e na restauración do chan de madeira

Ortigueira (A Coruña), 19 de novembro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, supervisou esta mañá o resultado das obras de mellora do interior Teatro da Beneficencia nas que a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude investiu máis de 48.000 euros.
Os traballos, cuxo obxectivo foi o de preservar o edificio e garantir a súa axeitada habitabilidade, consistiron na aplicación de materiais illantes nas parades para combater as humidades, respectando a estética orixinal do teatro e no pintado tanto das paredes como das carpinterías do recinto, incluídos os camerinos. Segundo puido comprobar a delegada territorial, tamén se procedeu á restauración do chan de madeira ao que se lle aplicou un tratamento específico para a súa conservación.
Aneiros destacou que esta actuación se enmarca na aposta da Xunta de Galicia por "seguir mellorando as infraestruturas culturais para darlle o mellor servizo á cidadanía e que o Teatro da Beneficencia sega sendo un lugar de referencia para a cultura local".