A Xunta dá continuidade ao programa de apoio a persoas sen fogar que desenvolve con Cruz Vermella
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Achega preto de 170.000 euros para que as persoas que están en situación de rúa teñan cubertas as súas necesidades básicas
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 14 de novembro de 2024
A Xunta dá continuidade ao programa de acompañamento e apoio a persoas sen fogar, que desenvolve en colaboración coa Cruz Vermella. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, e a presidenta autonómica da entidade, Mercedes Casanova, deron conta hoxe deste convenio, ao que o Goberno galego destina case 170.000 euros.
Arturo Parrado destacou a importancia que ten este programa para que as persoas que están en situación de rúa teñan cubertas as súas necesidades básicas. Neste sentido, destacou o traballo que realizan os equipos de profesionais e voluntarios de Cruz Vermella, entidade que cualificou de referencia en Galicia polos seus servizos e pola súa atención ás persoas máis vulnerables.
As liñas de atención ás persoas sen fogar que se levan a cabo a través deste convenio son: información sobre as axudas ás que poden acceder, derivación aos servizos de albergue e outros centros de emerxencia social, apoio e acompañamento psicolóxico e asesoramento social e legal.
O director xeral lembrou que Galicia foi pioneira na posta en marcha dun plan para a atención ás persoas sen fogar, e subliñou a necesidade de seguir sensibilizando á sociedade para que coñeza esta realidade.