A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ para seguir impulsando as vendas nos negocios locais

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • José González destacou o impacto desta iniciativa que xa leva máis de 6.100 negocios adheridos nas catro provincias e que prevé mobilizar 12 millóns de euros en vendas cuns 72.000 bonos de desconto descargados en apenas dez horas
  • Os bonos, que se poden descargar desde hoxe, poderanse utilizar ata que o importe total dos descontos efectivamente realizados en compravendas alcance o orzamento da convocatoria
  • O conselleiro lembrou que esta é unhas medidas integradas no Plan Estratéxico de Comercio 2025-2030, actualmente en proceso de elaboracion co sector e que se presentará no primeiro trimestre de 2025
  • Destacou que a aposta estratéxica polo comercio nos orzamentos do vindeiro ano tamén se reflicte no impulso de novos proxectos de dinamización como Vilas vivas, cun primeiro piloto efémero en Ribadavia

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de novembro de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, xunto coa delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, e o director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá en Santiago o comercio téxtil Frisée con motivo do lanzamento da nova edición do Bono Activa Comercio. A Xunta está a destinar 2,5 millóns de euros, cos que prevé mobilizar 12 millóns en vendas nos establecementos de proximidade galegos -xa hai máis de 6.100 adheridos en toda Galicia nestes momentos e uns 72.000 bonos de desconto descargados en apenas dez horas- co obxectivo de incentivar a demanda e atraer nova clientela ao sector.

Os negocios que desexen participar nesta iniciativa levan sumándose desde o pasado 23 de outubro, e teñen de prazo para seguilo facendo ata o 15 de decembro. Mentres, as persoas consumidoras poden descargar desde xa na web www.bonosactivacomercio.gal bonos desconto de ata 30 euros para as compras que realicen nos comercios vencellados.

Os bonos teñen formato dixital QR e están dispoñibles para a súa utilización nunha aplicación móbil. O importe vaise reducindo en función do valor da compra. Así, ás compras iguais ou superiores a 20 euros e inferiores a 30 euros corresponderalle un desconto de 5 euros. A rebaixa será de 10 euros para as compras iguais ou superiores a 30 euros e inferiores a 50 euros. A partir desta cantidade, o desconto alcanzará os 15 euros.

Como en anteriores ocasións, cada persoa pode descargar un único bono, e non se limitará o número de usuarios, senón que cando o importe total dos descontos realizados alcance os 2,5 millóns de euros, os bonos descargados xa non se poderán utilizar.

Na última edición superáronse os 6.800 negocios participantes. En total, nas catro edicións anteriores acadáronse os obxectivos, mobilizándose no sector comercial retallista máis de 77 millóns de euros.

Nova estratexia autonómica

Durante a súa visita, o conselleiro de Emprego puxo en valor que o comercio ten unha enorme relevancia na xeración de  emprego, na dinamización das economías locais e como fonte de vida dos barrios e vilas, destacando que para a Xunta é absolutamente prioritario o apoio a este sector, que xera na Comunidade 107.000 postos de traballo.

Esta aposta reflíctese, segundo destacou, nos orzamentos de 2025 da Consellería, co obxectivo de seguir garantindo a súa viabilidade como máximo referente dun servizo de proximidade e de calidade que, ademais, contribúe a xerar oportunidades no territorio e a fixar poboación.

Entre as medidas nas que está a traballar o Goberno galego figura o Plan estratéxico de comercio 2025-2030 -actualmente en proceso de elaboración da man de todos os axentes implicados- que se presentará no primeiro trimestre co obxectivo de dotar ao sector das medidas e ferramentas necesarias para afrontar os retos que teñen por diante, así como para garantir a súa necesaria remuda xeracional.

Así mesmo, explicou que se afondará no impulso das prazas de abastos e a súa certificación co selo de Mercados Excelentes, promovendo tamén o seu potencial dinamizador a través dun orzamento total de 6,8 millóns de euros.

Ademais, sinalou, a Xunta promoverá iniciativas innovadoras de dinamización comercial como o proxecto piloto Vilas vivas, que comezará no mes de decembro en Ribadavia apostando por espazos efémeros ligados ao territorio para seguir implementando posteriormente noutras cabeceiras de comarca.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/11/2024
602414 {"title":"A Xunta activa unha nova edición dos Bonos Activa Comercio dotada con 2,5 M€ para seguir impulsando as vendas nos negocios locais","published_date":"2024-11-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/130427-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"602414"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-11-04/602414-xunta-activa-unha-nova-edicion-dos-bonos-activa-comercio-dotada-2-5-m-seguir-impulsando-as-vendas-nos-negocios-locais https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.