A Xunta inviste preto de 40.000 € na mellora das infraestruturas viarias do parque empresarial Racelo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O delegado territorial visitou o resultado das obras que foron posibles grazas á liña de axudas para a mellora dos parques empresariais de Galicia
- O total investido na provincia de Pontevedra é de preto de 800.000€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Lama (Pontevedra), 31 de outubro de 2024
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Polígono Industrial Racelo, no concello da Lama, con motivo das axudas da Xunta encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos.
Acompañado polo alcalde da Lama, David Carrera, o delegado comprobou o resultado das obras de mellora de varias infraestruturas viarias do polígono, que permitiron crear novas beirarrúas na área empresarial. Trátase dunha das 13 actuacións que se levarán a cabo na provincia de Pontevedra a través desta liña de axudas e que, no caso da Lama, conta cun financiamento da Xunta de 38.717 euros.
Cabe destacar que, en total, esta liña de axudas deixará preto de 800.000 euros na provincia. Neste sentido, Agustín Reguera quixo poñer en valor "o compromiso da Xunta co sector empresarial galego e a intención de seguir mellorando as infraestruturas que dependen do goberno autonómico, para manter a competitividade e crecemento do sector".
O delegado territorial aproveitou para lembrar o importante papel que ten a área de influencia de Pontevedra nos orzamentos da Xunta para o 2025. Unha das principais actuacións previstas e que afecta directamente ao concello da Lama é o acondicionamento da PO-235 que, xunto á PO-230 e PO-234, conta cunha achega de 2 millóns de euros.