A Xunta amplía ata case 6 M€ as axudas do programa Aprol Economía Social para seguir impulsando o emprego en cooperativas ou sociedades laborais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a orde que incrementa en preto de 1 M€ o crédito da última convocatoria destas achegas, o que supón unha suba superior ao 19%, para atender o total das solicitudes recibidas
- Con esta iniciativa, outórganse apoios directos a cooperativas e sociedades laborais para que incorporen persoas desempregadas
- Tamén contempla axudas a quen entre como socia ou traballadora indefinida a unha destas entidades ou ben inicie a súa actividade por conta propia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 31 de outubro de 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a orde da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración que incrementa en preto de 1 millón de euros a última convocatoria de axudas das axudas Aprol Economía Social, que inclúe apoios ao emprego en cooperativas e sociedades laborais. Así, a Xunta aumenta máis dun 19% estes apoios aos que destinará en total case 6 millóns co obxectivo de seguir fomentando o emprendemento e o emprego na economía social.
Cómpre lembrar que este programa conta con dúas liñas compatibles entre si: unha primeira con axudas directas a cooperativas e sociedades laborais para que incorporen, sobre todo, persoas desempregadas; e unha segunda, para beneficiar a quen entre como socia ou traballadora indefinida a unha destas entidades ou ben inicie a súa actividade por conta propia. Neste último caso, os apoios son compatibles co resto de liñas de impulso do traballo por conta propia que promove a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
A contía básica da axuda en cada unha das liñas ascende a 6.000 euros, con incrementos acumulables do 25% se se trata de mulleres, persoas con discapacidade, maiores de 45 anos, emigrantes retornados ou que as entidades se ubiquen en contornas rurais ou sexan cooperativas xuvenís. A ampliación do crédito permitirá atender o total das solicitudes recibidas no prazo oficial da convocatoria, que pechou o 16 de setembro.
Ligazón á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20241031/AnuncioG0767-281024-0001_gl.html