A Xunta pon de relevo na XVI Feira de emprego da Cámara de Comercio da Coruña as medidas que se impulsarán no 2025 en apoio a colectivos prioritarios
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego participou hoxe no arranque da feira, onde destacou as accións que se implementarán a prol dos mozos -coa nova Estratexia Mocidade Activa- ou das mulleres
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 29 de outubro de 2024
A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, participou hoxe no arranque da XVI Feira de emprego organizada pola Cámara de Comercio da Coruña, onde puxo de relevo as novas medidas previstas en 2025 en apoio a colectivos prioritarios.
Entre eles destacou a nova Estratexia Mocidade Activa -dotada na Consellería Emprego, Comercio e Emigración con máis de 20M€-, que incorpora o programa de primeira experiencia profesional para menores de 30 anos, o Galicia Emprega Moz@s ou o Investigo. Para avanzar na igualdade laboral, trasladou que se reeditarán as axudas a prol da contratación feminina en sectores masculinizados (1,7 M€) ou o programa Galicia Emprega Muller (7M€).
Finalmente, sinalou a aposta da Xunta para seguir dándolle pulo á flexibilización da formación para o emprego con foco nas microformacións como unha ferramenta estratéxica para mellorar a empregabilidade e impulsar a reciclaxe profesional de xeito áxil e en liña coas demandas das empresas, co obxectivo de seguir afianzando os últimos datos da EPA, que reflicten en Galicia o mellor escenario posible coa cifra máis alta de actividade nun terceiro trimestre dos últimos dez anos, destacando o incremento na ocupación da mocidade e das mulleres, sobre todo no sector industrial.