A Xunta inicia unha formación de prevención de riscos laborais no sector da construción para persoas en situación de vulnerabilidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Este curso desenvólvese no concello de Carballo e ten unha duración de 100 horas

Carballo (A Coruña), 28 de outubro de 2024
A Xunta de Galicia, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, desenvolve un curso de Prevención de Riscos Laborais orientado a persoas en risco de exclusión da contorna de Carballo. O obxectivo é proporcionar aos participantes de coñecementos necesarios para a prevención e seguridade durante o desenvolvemento das súas tarefas.
As accións formativas están orientadas ó sector da construción, especificamente a albaneis e operarios de carretilla elevadora. Ao igual que no resto de cursos, o itinerario foi deseñado polos Equipos comarcais de inclusión social do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar co obxectivo de mellorar as expectativas laborais das persoas en situación de vulnerabilidade e dotalas de coñecementos para acceder ao mercado laboral.
A formación desenvólvese dende o 23 de outubro e rematará o 20 de novembro, nela abórdanse recursos teóricos e prácticos para a prevención de riscos laborais. Trátase dun curso cofinanciado pola Unión Europea no marco do Programa FSE+ Galicia 2021-2027.