A Xunta fomenta a dinamización do comercio local de Vigo a través dunha nova edición do concurso de Nadal de escaparatismo
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da iniciativa Ilumina o teu escaparate organizada polas asociacións de comerciantes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Vigo, 23 de outubro de 2024
A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou este mércores na presentación da terceira edición da campaña Ilumina o teu escaparate que organizan as asociacións de comerciantes co apoio do Goberno galego, a través da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, para activar o consumo nos pequenos establecementos das diferentes zonas da cidade durante o Nadal.
"Cada ano ten máis participantes e trátase dunha maneira de fomentar e dinamizar o comercio", sinalou a representante autonómica durante o acto celebrado na Delegación Territorial, no que tamén estiveron presentes a vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, e o organizador do evento, Enrique Corbacho.
Na iniciativa participan a Federación de Comerciantes de Pontevedra e os comerciantes das Travesas, Bouzas, Zona Príncipe, Teis, Navia, Casco Vello, Comerciantes e Empresarios Vigo Vertical (Torrecedeira, Pi y Margall e Camelias), Calvario, Zona Náutico, Xeral-Acexvigo e Vigo Centro. O concurso comezará o 20 de novembro e rematará o vindeiro día 15 de decembro. Os locais interesados deben envíar as fotos ao correo iluminatuescaparate@gmail.com.
A vicepresidenta da Deputación apuntou que "a colaboración entre administracións multiplica os beneficios para a cidadanía e queremos promover a economía de Vigo apoiando ao comercio de proximidade". Pola súa banda, Enrique Corbacho destacou que este ano, como novidade, haberá unha master class sobre escaparatismo, merchandising, atención al cliente e redes sociais á que poderá asistir todos os integrantes das asociacións de comerciantes.
O vindeiro 12 de xaneiro (11:30 horas) o Auditorio da Xunta en Vigo acollerá a gran gala na que se darán a coñecer os gañadores. Entre todos os participantes se sorteará unha fin de semana nunha casa rural e unha unha estancia nun hotel-spa. Ademais, haberá premios en metálico para o gañador (600 euros), o segundo clasificado (400 euros) e o terceiro (150 euros).