Fabiola García visita o recinto onde se construirá o novo parque interxeracional que compartirán os usuarios das casas niño e do maior de Aranga
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta de Galicia investirá 40.000 euros na construción do espazo lúdico e na dotación de materiais adecuados para o uso de cativos e maiores
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Aranga (A Coruña), 19 de outubro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, acompañada do alcalde, Alberto Platas, visitou o recinto onde se vai construír o novo parque interxeracional de Aranga, que compartirán a casa niño e a casa do maior deste concello coruñés, xa que ambas se sitúan no mesmo inmoble.
As instalacións do espazo lúdico para maiores e cativos serán financiadas na súa totalidade pola Xunta de Galicia grazas a un invesmento de 40.000 euros. Este proxecto permitrá adecuar a parcela na que se sitúan as instalacións e dotalas de mobiliario de xogos e activación física para os usuarios destes dous recursos.
Durante a visita, Fabiola García destacou a importancia de que os cativos e as persoas maiores compartan un espazo único que permita fomentar as relacións interxeracionais e promover a dinamización demográfica nos concellos menos poboados e rurais de Galicia.