A Xunta apoia a nova edición do ciclo 'Música con V de Vigo' con grandes talentos da clásica e do jazz para "unir ocio, arte e cultura"

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A delegada territorial, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentaron os concertos que se celebrarán o 5,6, 12 e 13 de novembro
  • O Teatro Afundación acollerá catro concertos e unha proxección de cine que pretenden "democratizar a música " e "chegar a todos os públicos"

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 16 de outubro de 2024

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e o director xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, presentaron este mércores a segunda edición de Música con V de Vigo (Musicav 2024) xunto á vicepresidenta da Deputación, Luisa Sánchez, e os directores artísticos do evento, Javier Ferreiro e Rosanna Ojea.

A representante autonómica destacou o apoio do Goberno galego a un ciclo de música que pretende "democratizar" a música clásica e o jazz na cidade. "Quero agradecer o traballo dos organizadores polos esforzos que realizaron para chegar a todos os públicos e por presentar unha escenificación moi coidada, sen deixar nada ao azar, estou segura e desexo que sexa de novo un éxito", sinalou Ortiz.

Pola súa banda, Anxo Lorenzo apuntou que "as administracións temos que impulsar a cultura e outras veces apoiar, como agora desde Vitruvia, que leva desde 2015 facendo un traballo encomiable, para dar un paso máis e proxectarse hacia fóra". O director xeral engadiu que "a clásica e o jazz son minoritarios, pero teñen público e o comprobamos coas programacións que hai en Vigo".

Programación no Teatro Afundación

O Teatro García Barbón-Afundación acollerá o ciclo organizado por Vitruvia para o vindeiro mes de novembro (días 5, 6, 12 e 13) no que destaca a calidade da música e dos seus intérpretes. A apertura dos concertos correrá a cargo de Corrente do Golfo, enmarcado no world-jazz de orixe ibérica, que fusionará a cultura galega, española e cubana a través do produtor Alberto Conde e a cantante cubana Diana Darín.

O mércores 6 de novembro será a quenda da música clásica co concerto De Bach a Glass da man da xove intérprete viguesa Paula Diz, acompañada do pianista Iván Fernández, a soprano Beatriz Riobó, o tenor alemán Ralf Glasz e a pianista lituana Rasa Biveiniene. O día 12 actuará o trío liderado por Alfonso Medela e o ciclo finalizará o 13 de novembro coa proxección da película O maquinista da xeral, de Buster Keaton, con música a cargo da agrupación Caspervek.

Apoio da Xunta de Galicia

Javier Ferreiro destacou o apoio do Goberno galego e o a súa "aposta pola cultura e por rexenerar o público con música que sen as administracións sería imposible programar", O responsable de Vitruvia sinalou que o ciclo serve para "dar visibilidade a grandísimos talentos de Galicia que tocan en todo o mundo e tamén para atraer aos mellores músicos con catro concertos variados, dirixidos e pensados para que o público goce".

Rosanna Ojea, directora artística, destacou o traballo feito desde hai dez anos, con máis de 600 concertos, como "a semente" do ciclo Musicav. "Chegamos a esta segunda edición para abrir a cultura, a clásica e o jazz ao público, temos ante todo un obxectivo de labor de benestar persoal e social, unindo arte, ocio e cultura", engadiu.

Are More e Imaxina Sons

Por último, Luisa Sánchez, destacou que a programación permite á cidade de Vigo ofertar música para os amantes do jazz. "Pode que sexa un público minoritario pero ten unha fidelidade importante e convértese nunha alternativa aos festivais, especialmente tras a perda de citas como o Are More ou Imaxina Sons", sinalou.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 16/10/2024
578849 {"title":"A Xunta apoia a nova edición do ciclo 'Música con V de Vigo' con grandes talentos da clásica e do jazz para \"unir ocio, arte e cultura\"","published_date":"2024-10-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1471114\/_H1A2057.jpg","id":"578849"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-16/578849-xunta-apoia-nova-edicion-do-ciclo-musica-v-vigo-grandes-talentos-da-clasica-e-do-jazz-unir-ocio-arte-e-cultura https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.