A Xunta pon en valor a castaña na Casa de Galicia en Madrid polo seu potencial natural, gastronómico, turístico e artesán
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe o proxecto Toma castaña. Galicia, que ademais de contar cunha área expositiva promove un programa de accións divulgativas
- Inclúese unha mostra das pezas de Artesanía de Galicia relacionadas coa castaña e un obradoiro de iniciación á cestería impartido pola artesá Julia da Cal
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Madrid, 12 de outubro de 2024
O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, visitou hoxe na Casa de Galicia en Madrid o proxecto Toma castaña. Galicia, que ademais de contar cunha área expositiva promove un programa de accións divulgativas que integran a promoción do turismo e a gastronomía coa artesanía e mesmo coa arquitectura e coa construción sustentable.
A programación inclúe unha mostra das pezas de Artesanía de Galicia relacionadas coa castaña e un obradoiro de iniciación á cestería impartido pola artesá Julia da Cal. Toma castaña. Galicia ten, ademais, un programa paralelo dirixido a profesionais con varias actividades de promoción de Galicia en Madrid.
A Casa de Galicia na capital española acolle tamén unha exposición dos castiñeiros recollidos no Catálogo de árbores senlleiras de Galicia e a representación dun souto na Casa de Galicia, grazas á implicación da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático. Os visitantes tamén poden viaxar virtualmente a través do Galiverso á Fraga de Catasós, no concello pontevedrés de Lalín, para coñecer os castiñeiros máis altos de Europa, da man desta experiencia da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional.
Centrada no produto autóctono de calidade que conta co recoñecemento da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, a iniciativa tamén dá a coñecer novas receitas e propostas gastronómicas a base de castaña.