A enquisa do IGE pon de manifesto que 7 de cada 10 persoas se comunican en galego

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • Os datos publicados hoxe polo Instituto Galego de Estatística revelan que a lingua cooficial maioritaria no territorio segue a ser a galega
  • O informe constata que o crecemento da poboación procedente do exterior inflúe nos usos da lingua propia de Galicia, que segue a ser elixida polos nados aquí
  • O secretario xeral da Lingua, Valentín García, sostén que "practicamente o 100% da sociedade é quen de desenvolverse neste idioma na súa vida"
  • Na liña de actuacións para continuar impulsando o galego, o representante da Xunta pon en valor a importancia de incorporar novos falantes con medidas como os cursos para os non nados en Galicia ou o proxecto feito en colaboración coa USC

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2024

A Enquisa estrutural a fogares, coñecemento e uso do idioma galego publicada hoxe polo Instituto Galego de Estatística reflicte que 7 de cada 10 persoas se comunican en lingua galega. Así o explicou hoxe o secretario xeral da Lingua durante a presentación das últimas novidades do portal Neofalantes.gal, a plataforma divulgativa e educativa posta en marcha en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela para analizar o proceso de incorporación do uso do galego por parte das persoas que tiveron outro idioma como primeira lingua.

O representante da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude informou na Facultade de Ciencias da Comunicación que o portal impulsado polo grupo Novos Medios dá agora un paso máis e pasa de ser un sitio informativo a convertese nunha rede social para neofalantes na que compartir experiencias. Nesta presentación, Valentín García destacou que dos datos publicados hoxe, e que recollen o resultado das entrevistas realizadas ao longo do ano 2023, despréndese que se relaciona en lingua galega un 69,25% da poboación que vive en Galicia.

Deste xeito, tal e como incidiu, o galego "continúa na senda de ser a lingua cooficial máis empregada no conxunto do Estado e a maioritaria no territorio, sendo un 29,20% os que manifestan utilizar unicamente o castelán de maneira habitual". Así, o responsable de Lingua da Xunta subliñou que "practicamente o 100% da poboación é quen de desenvolverse en galego na súa vida", xa que a sondaxe conclúe que a maioría da cidadanía sabe falalo, dominando a expresión oral o 94,62% das persoas, mentres que, en canto á escrita, o 84,35% da sociedade recoñece ter competencias neste eido. Por outra banda, no que respecta á comprensión, en maior ou menor medida o galego falado é entendido nun 93,37%, mentres que o 96,35% asegura poder ler neste idioma.

Novos galegos

Valentín García precisou que a enquisa estrutural a fogares que se realiza cada cinco anos engade nun dous seus epígrafes que neste período de tempo a poboación procedente do exterior que chegou a Galicia é de máis de 115.000 persoas. "Trátase dun dato moi importante que inflúe directamente no incremento de castelanfalantes, converténdose nun nicho de potenciais neofalantes para os que desde a Administración autonómica xa estamos deseñando medidas como son os cursos específicos que anunciamos esta mesma semana", puntualizou o secretario xeral.

Deste xeito, concluíu que os resultados do estudo "constatan que a situación sociolingüística de Galicia é dinámica e está en permanente evolución, mantendo un elevado coñecemento da lingua galega por parte dunha sociedade bilingüe que convive nos dous idiomas cooficiais nun territorio cun modelo que non xera conflitos".

Por outra banda, e no que ten que ver cos distintos ámbitos de contacto social, o representante da Consellería de Lingua explicou que das entrevistas levadas a cabo en máis de 9.000 fogares despréndese que é coas amizades con que máis se utiliza o galego, seguido da interlocución da cidadanía co persoal da administración e co sector comercial. Son estatísticas, apuntou Valentín García, "que poñen de relevo a responsabilidade de todos no impulso da lingua, abranguendo tanto os distintos organismos públicos como o eido das entidades privadas e chegando ao nivel persoal, cobrando neste último aspecto especial importancia a lingua vehicular no fogar". E é que, tal e como lembrou, os datos demostran que sempre utilizan o galego o 53,01% das persoas ás que os avós lles transmitiron esta fala de cativos, fronte ao 23,35% que o fai en castelán, consolidándose a tendencia de cada vez máis fogares bilingües, un 63,89%.

Impulso da lingua no eido dixital

Se se teñen en conta as formas actuais de comunicación baseadas no eido dixital, respecto á última análise publicada en 2018 polo IGE, navegan na actualidade en galego un 1,65% máis dos usuarios, mentres que nos medios tradicionais a lingua aumenta a súa presenza na prensa escrita, pasando dun 40,9% en 2018 a un 44,62% no 2023, un incremento do 3,72%.

É precisamente nas tecnoloxías onde pon un dos seus focos principais a política lingüística da Xunta coa creación de novos produtos pensados para o público infantil e xuvenil, a continuación de iniciativas de éxito como o Proxecto Nós para impulsar o galego na Intelixencia Artificial, as medidas para a aceptación e recoñecemento deste idioma en todas as plataformas ou proxectos como o portal Neofalantes.gal iniciado en 2021 e que conta testemuños propios de persoas que apostaron polo galego e que hoxe os asistentes ao acto puideron escoitar de maneira presencial.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/10/2024
541342 {"title":"A enquisa do IGE pon de manifesto que 7 de cada 10 persoas se comunican en galego","published_date":"2024-10-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/124055-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"541342"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-11/541342-enquisa-do-ige-pon-manifesto-7-cada-10-persoas-se-comunican-galego https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.