A Xunta presenta en Alacante o seu proxecto 'Enredadas' de fomento da diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A Fundación Artesanía de Galicia colaborou en La Vila Vella 2024, un grande evento arredor do patrimonio etnográfico marítimo que se celebrou onte en Villa Joyosa
  • A redeira Rosa Rodríguez, de Artesanía de Galicia, ofreceu unha demostración do oficio tradicional, ademais da venda dos produtos elaborados a partir da reciclaxe das redes de pesca, no marco da iniciativa Enredadas, impulsada pola Xunta
  • Enredadas é un proxecto de boas prácticas iniciado en 2012 co gallo de abrir novas oportunidades de negocio nos ámbitos da moda, dos complementos ou da decoración, a través de cursos de formación e da aplicación do deseño contemporáneo ao oficio

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 2024

A Fundación Artesanía de Galicia colaborou onte, na localidade alacantina de Villa Joyosa, nun grande evento arredor do patrimonio etnográfico martítimo, no que se deu a coñecer o proxecto Enredadas, que impulsa a Xunta dende o ano 2012 co obxectivo de fomentar a diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas. Así, a redeira Rosa Rodríguez, de Corme (Ponteceso), participou na feira de venda de produtos elaborados como resultado da aplicación do deseño contemporáneo ás técnicas tradidiconais da elaboración de redes, ademais de realizar unha demostración do seu oficio.

La Vila Vella 2024 é un evento enfocado na divulgación do patrimonio marítimo e na posta en valor do conxunto histórico de Villa Joyosa, declarado Ben de Interese Cultural. A través do lema "Entretecendo a memoria da Vila: somos mar, cores e redes", búscase crear un acto moi diverso no que se combinan as recreacións etnográficas como o sistema de fiado ou a cordelería, con intervencións artísticas nas rúas reinterpretando o patrimonio marítimo, así como unha mediación entre os gremios das redeiras galegas e as de Alacante.

Enredadas

Enredadas é un proxecto de boas prácticas iniciado no ano 2012 pola Xunta, enfocado a diversificar o traballo das redeiras artesás galegas para lles facilitar a apertura de novas oportunidades de negocio a través doutros ámbitos como a moda, os complementos e a decoración, ao que se lle engadiu o ano pasado o ámbito das mascotas. A través de cursos de formación especializada e continuada, redeiras artesás de diferentes localidades galegas teñen a posibilidade de acadar unha renovación desta actividade tradicional ao tempo que incrementan os seus ingresos.

Os obxectivos do proxecto Enredadas son poñer en valor o traballo das redeiras artesás e do seu oficio, apoiando a diversificación da súa actividade profesional, mellorando a súa situación económica, fomentando a súa estabilidade laboral e incorporando novas redeiras ao sector. Búscase tamén promover a colaboración intersectorial que lles abra as portas ás redeiras dun mercado contemporáneo, introducir novos materiais e mellorar as técnicas e a calidade dos produtos elaborados.

Enredadas contribúe así a potenciar o valor social do oficio das redeiras, aposta pola sustentabilidade e pola economía circular, ademais de apoiar a comercialización dos novos produtos e a promoción do propio proxecto. Grazas á  iniciativa, a Fundación Pública Artesanía de Galicia foi galardoada como exemplo de boas prácticas co Premio Promociona para Entidades Públicas na XI edición dos Premios Nacionais de Artesanía 2016.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 06/10/2024
531619 {"title":"A Xunta presenta en Alacante o seu proxecto 'Enredadas' de fomento da diversificación do oficio tradicional das redeiras galegas","published_date":"2024-10-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121752-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"531619"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-06/531619-xunta-presenta-alacante-seu-proxecto-enredadas-fomento-da-diversificacion-do-oficio-tradicional-das-redeiras-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.