A Xunta pon en valor os Premios de Executivas de Galicia e as recoñecidas este ano pola súa traxectoria a prol da igualdade entre mulleres e homes

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O conselleiro destacou as achegas da catedrática Mª Emilia Casas Baamonde -entre outras- para aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito e as da directora da OCDE, Ana José González, como primeira muller en ocupar este posto e no sector privado
  • O titular de Emprego referiuse ás políticas do Goberno galego a prol da igualdade, como as axudas comprometidas para os primeiros 100 días de goberno que se destinaron a impulsar a contratación feminina en ocupacións masculinizadas 
  • A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, clausurou o acto destacando a importancia de seguir tecendo redes coma a de Executivas de Galicia, para seguir dando pasos adiante no camiño imparable que é a igualdade de xénero

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 4 de outubro de 2024

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado pola directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, polo secretario xeral da Lingua, Valentín García, e pola directora da Axencia Galega de Innovación, Carmen Cotelo, inaugurou esta tarde en Santiago a entrega do IX Premio Executivas de Galicia e do I Premio Executivas Internacional, onde puxo en valor tanto a traxectoria das galardoadas -"auténticas referentes"- como a da entidade que outorga os recoñecementos a prol do liderado feminino, da conciliación e da igualdade de oportunidades entre mulleres e homes.

No caso de Executivas de Galicia,  o conselleiro destacou que está formada por case 300 emprendedoras, empresarias, directivas e traballadoras de distintos sectores, que contribúen a visualizar o apoderamento das mulleres como motor de pasado, presente e futuro e clave no desenvolvemento socioeconómico de Galicia.

En relación ás premiadas, González foi o encargado de entregar o IX Premio Executivas de Galicia a Mª Emilia Casas Baamonde, catedrática de Dereito e da Seguridade Social. Falou dun recoñecemento máis que merecido por unha andaina repleta de fitos: a primeira muller catedrática de Dereito do Traballo e Seguridade Social de España, a membro que ingresou máis nova no Tribunal Constitucional, primeira muller en presidir este Alto Tribunal e pioneira en aplicar a perspectiva de xénero ao Dereito.

Canto á lucense Ana José Varela González, directora financeira da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), recibiu o I Premio Executivas Internacional non só por ser a primeira muller en ocupar este posto. Integrada na plataforma Referentes Galegas de Executivas de Galicia, aportou tamén en distintos eidos do sector privado e en 2015 foi distinguida como Eisenhower Fellow, programa de liderado que premia a profesionais centrados en xerar un mundo máis pacífico, próspero e xusto.

Pola súa banda, a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, encargada de clausurar o acto, destacou a importancia de seguir tecendo redes coma a de Executivas de Galicia, e que todas estean unidas para seguir dando pasos adiante no camiño imparable e dunha soa dirección que é a igualdade de xénero. Sobre as premiadas, Quintiana afirmou que son dúas mulleres referentes que merecen ser aínda máis coñecidas e recoñecidas por toda a sociedade porque nelas moitas nenas e mulleres ven como si é posible. No que se refire ao liderado feminino, avogou por un liderado consciente, de coidados e incluínte para que todas e todos vivamos mellor.

Compromiso da Xunta

Na súa intervencion, González tivo unha mención para as políticas da Consellería de Emprego. Nesa liña, recordou que esta mesma semana se vén de constatar que a cifra de mulleres desempregadas é a máis baixa nun setembro desde que hai rexistros (2005).

Para seguir por esta senda, referiuse a axudas como as comprometidas para os primeiros 100 días de goberno destinadas a impulsar a contratación feminina en ocupacións masculinizadas. Tamén ao programa Lideramos, centrado no impulso ao talento e liderado feminino -con 150 mulleres participantes-; á campaña Ti elixes para promover con charlas nos centros de secundaria a elección de profesión sen atender a prexuízos de xénero; ou o Campus en liña de igualdade laboral, con máis de 6.000 persoas usuarias.

No eido do emprendemento, salientou que a Rede de polos leva máis de 2.500 proxectos atendidos dos que case un 60% están impulsados por mulleres. Engadiu que onte se inaugurou na Coruña o centro que coordinará as políticas de orientación e emprendemento da Xunta, desde o que se supervisará a Rede e se avanzará na coordinación dos axentes do ecosistema emprendedor.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 04/10/2024
530056 {"title":"A Xunta pon en valor os Premios de Executivas de Galicia e as recoñecidas este ano pola súa traxectoria a prol da igualdade entre mulleres e homes","published_date":"2024-10-04","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/121113-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"530056"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-10-04/530056-xunta-pon-valor-os-premios-executivas-galicia-e-as-reconecidas-ano-pola-sua-traxectoria-prol-da-igualdade-mulleres-e-homes https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.