A Xunta pon en valor os proxectos cofinanciados con fondos da UE pola súa contribución ao desenvolvemento de Galicia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, clausurou o I Concurso anual de proxectos cofinanciados #EuropaXunta
- Incidiu en que no novo marco financeiro plurianual post-27 se aumente o peso que teñen actualmente os gobernos rexionais na definición e xestión das medidas financiadas cos fondos de cohesión
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, puxo en valor hoxe os proxectos financiados con fondos da Unión Europea pola súa contribución ao desenvolvemento de Galicia, e afirmou que a Xunta seguirá optimizando a súa xestión e mellorando a eficiencia na execución, ademais de fortalecer a súa gobernanza cos axentes económicos e sociais e outras administracións estatais e europeas.
Durante a súa participación na clausura do I Concurso anual de proxectos cofinanciados #EuropaXunta, Miguel Corgos destacou así a execución do 100% do marco financeiro xa concluído, 14-20, e incidiu no papel fundamental que a súa xestión tivo na mellora global dos indicadores sociais e de Emprego de Galicia.
Para seguir mellorando na execución, o conselleiro de Facenda e Administración Pública trasladou a importancia de promover unha xestión financeira eficiente e orientada a resultados reducindo a complexidade administrativa para axilizar a asignación e xestión. Ademais de implementar solucións tecnolóxicas innovadoras, priorizar proxectos de alto impacto socioeconómico e impulsar a atracción de financiamento doutros fondos europeos de xestión directa ou compartida.
Miguel Corgos recordou tamén que Galicia vén de expoñer no Parlamento Europeo a visión de Galicia para o novo marco financeiro plurianual post-27, centrado nun aumento do peso actual dos gobernos rexionais na definición e xestión das medidas financiadas cos fondos de cohesión. "O modelo que propón Galicia baséase no principio de proximidade. Os gobernos rexionais somos a administración máis próxima ao territorio e a que mellor coñece as necesidades a satisfacer cos recursos que reciben", abundou.
Logo de felicitar aos finalistas e ao proxecto gañador deste concurso, Miguel Corgos concluíu lembrando que gran parte do desenvolvemento da Comunidade nos últimos 35 anos vai ligado aos fondos europeos recibidos. Así, desde 1986 e ata finais desta década, o Goberno galego ten xestionado máis de 32.000 millóns de euros de axudas comunitarias.
Na celebración deste encontro tivo lugar tamén a presentación dunha exposición itinerante sobre os fondos europeos que, no que resta de ano, percorrerá dez vilas e cidades da xeografía galega, comezando en Lalín hoxe mesmo. A mostra buscar dar a coñecer á cidadanía os distintos programas europeos e as oportunidades de financiamento que ofrecen, así como facer visibles os proxectos que xa están en marcha.