A Xunta destina preto dun millón de euros a impulsar actividades de promoción da igualdade e prevención da violencia de xénero en 185 ANPAS galegas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou nas primeiras xornadas de igualdade organizadas pola ANPA do Colexio Virxe Milagrosa
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Bueu (Pontevedra), 27 de setembro de 2024
A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, participou esta tarde nas I Xornadas de Igualdade organizadas pola asociación de nais e pais de alumnos (ANPA) Alborada do Colexio Virxe Milagrosa. Esta actividade, que leva por título 'Da utopía ao feito' e que se estenderá ata o 22 de novembro, ten como obxectivo achegar ao público en xeral formación e experiencias sobre a igualdade e a conciliación.
A Xunta conta con dúas liñas de apoio ás ANPAS dos centros educativos galegos que suman un investimento de preto dun millón de euros. Estas medidas do Goberno galego permitiron financiar neste ano actividades en 185 asociacións de nais e pais.
De feito, as actividades que se realizan neste centro educativo de Bueu están financiadas con cargo á primeira destas liñas de axuda, que está dotada con 400.000 euros dos fondos do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, e que busca impulsar a realización de actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero.
A segunda das liñas de axuda, que conta cun orzamento de 550.000 euros do Plan Corresponsables, está destinada a bolsas de coidados e accións de formación que teñan como obxectivo fomentar a conciliación e a corresponsabilidade.
A charla inaugural das xornadas 'Da utopía ao feito' correu a cargo de Diana Rodríguez, representante da 'Asociación por la Conciliación Yo No Renuncio', quen tratou a necesaria relación entre corresponsabilidade e educación e puxo sobre a mesa a importancia da conciliación.