Fabiola García insta ao Goberno central a que elabore un protocolo de actuación común para os centros de crise 24 horas
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Lamentou que en ningún momento se contara coas Comunidades Autónomas para poñer en marcha estes recursos e que non se achegaran fondos para o seu mantemento
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, demandou ao Goberno central que elabore un protocolo de actuación común para todas as Comunidades Autónomas para a posta en marcha dos centros de crise 24 horas. Fíxoo nunha resposta oral no Pleno do Parlamento de Galicia na que informou sobre a situación destes servizos de atención ás vítimas da violencia de xénero.
Fabiola García tamén lamentou que o Executivo central non achegara ningún tipo de información ao respecto de como ten que ser o funcionamento destes recursos, que non contara coas comunidades para a súa implantación e que non achegue o diñeiro necesario para o seu mantemento. Neste sentido, dixo que foi a Xunta de Galicia a que fixo a obra e a que os ten que equipar e manter.
Ademais, a conselleira asegurou que Galicia contará antes de que remate o ano con cinco centros de crise 24 horas, un máis dos esixidos pola Unión Europea, os cales estarán situados nos complexos hospitalarios de Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo. Ofrecerán servizos de atención psicolóxica, xurídica e social. Tamén darán apoio e asistencia ás vítimas, familiares e persoas do seu entorno e, ademais, incluirán información telefónica e presencial as 24 horas ao día durante todo o ano.
Fabiola García reiterou o compromiso de todo o Executivo autonómico coa erradicación da violencia contra as mulleres, e puxo como exemplos a Lei de prevención e tratamento integral da violencia de xénero ou os programas de sensibilización, prevención e concienciación desta realidade nos ámbitos sanitario e educativo.