A Xunta destina 226.000 euros á mellora de 19 quilómetros de camiños municipais en Vilalba

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado dalgunhas das actuacións, que se executan en sete parroquias ao abeiro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Lugo, 18 de setembro de 2024

A Xunta de Galicia destina 226.000 euros a  acondicionar un total de 19 quilómetros de camiños municipais do concello de Vilalba,  correspondentes ás parroquias de Alba, Belesar, Román, Sancovade, Goiriz, Rioaveso e Oleiros.

As obras execútanse ao abeiro do Plan Marco da Consellería do Medio Rural. As do bienio 2023-2024 xa remataron e estanse a desenvolver as do período 2024-2025; as dúas edicións suman un orzamento concreto para o presente ano de 129.300 euros. En xeral, acométese a limpeza de noiros, rexeneración da capa de rodadura e colocación de sinais verticais onde proceda.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou hoxe os traballos executados no camiño que dá acceso ás poboacións de Liñares, Gardamil e Cabanas -nas parroquias de Rioaveso e Oleiros-, enlazando a estrada autonómica LU-120 coa estrada provincial LU-P-6510.

Nesta zona arranxáronse máis de 5 quilómetros entre a vía principal e a variante que tamén conecta co núcleo de Cabanas. Así mesmo, reforzouse a drenaxe en varios puntos e colocáronse sinais verticais de STOP nos cruces.

Nos últimos meses completáronse traballos similares nos camiños de Barbeitas, cun total de 1,7 quilómetros na parroquia de Sancovade, e no que atravesa Graduín ata rematar en Fabás, con 1,8 quilómetros en Goiriz.

Próximos proxectos

No que respecta ás actuacións a acometer ata o vindeiro ano, a de maior entidade será a que afecta á parroquia de Alba, atravesando os barrios de As Turbelas, O Curro, Cordal e Meire ata rematar na igrexa e cemiterio de Belesar. Actuarase en 4,5 quilómetros aproximadamente, tanto da vía principal como dunha ramificación de 490 metros que conduce a distintas vivendas e parcelas agrícolas en dirección Norte. 

Igualmente, nas parroquias de Rioaveso e Román vanse reparar 1,1 quilómetros no acceso á Bardela e 1,8 quilómetros na pista a Cartemil desde a estrada autonómica LU-120.

Javier Arias destacou o investimento que realiza a Xunta no Plan Marco, con máis de 9,2 millóns de euros distribuídos na provincia de Lugo entre as dúas últimas convocatorias. Neste sentido, lembrou que "o mantemento das infraestruturas rurais resulta fundamental para contribuír ao aumento da competitividade agraria e forestal, mellorar as condicións de vida e de traballo e, en definitiva, impulsar a cohesión social e territorial".

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 18/09/2024
482676 {"title":"A Xunta destina 226.000 euros á mellora de 19 quilómetros de camiños municipais en Vilalba","published_date":"2024-09-18","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1449679\/180924+Visita+CPI+Terras+de+Maside+1.JPG","id":"482676"} galicia C. do Medio Rural; https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-09-18/482676-xunta-destina-226-000-euros-mellora-19-quilometros-caminos-municipais-vilalba https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.