Miguel Corgos destaca a aposta da Xunta polas novas tecnoloxías e por situar a Galicia na vangarda europea neste ámbito
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Facenda e Administración Pública inaugurou esta mañá o II Congreso Internacional de Blockchain de Galicia
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 13 de setembro de 2024
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe a aposta do Goberno galego polas novas tecnoloxías e por situar a Galicia na vangarda europea neste ámbito. Así, recordou que a Comunidade é pioneira na aprobación dunha lei específica para o desenvolvemento e impulso da Intelixencia Artificial, que establece o marco xurídico que facilita o uso desta tecnoloxía na Administración pública de forma segura, fiable e centrada nas persoas.
Durante a inauguración do II Congreso Internacional de Blockchain de Galicia, Miguel Corgos agradeceu aos 800 asistentes e aos preto de 40 expertos das empresas máis importantes de blockchain en Europa e Latinoamérica por reunirse en Galicia, e amosar todo o que esta tecnoloxía pode facer para mellorar as nosas vidas e as oportunidades laborais que abre.
Nesta liña, o conselleiro de Facenda e Administración Pública salientou que o blockchain representa un salto na seguridade e viabilidade de calquera transacción, o que servirá para chegar a acordos entre un gran número de actores a través de internet. "E isto será posible porque o blockchain garante que os procesos sexan inalterables, inmutables e públicos", dixo, incidindo en que esta maior seguridade facilitará as transaccións, a transparencia e as operacións con todo tipo de activos a través das telecomunicación, non só dixitais, senón tamén os físicos.
Así mesmo, lembrou que o seu impacto nos diferentes sectores económicos estase acrecentando de maneira exponencial, facéndose máis evidente conforme se estende o seu uso.
Miguel Corgos concluíu convencido de que o éxito desta segunda convocatoria permitirá impulsar este simposio como o foro tecnolóxico do norte de España.