A Xunta continúa avanzando no proceso de diálogo e cooperación para impulsar o comercio de proximidade e potenciar as prazas de abastos
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá con representantes do concello de Viveiro e do centro comercial aberto da localidade para abordar aspectos relativos ao impulso do comercio local no municipio lucense
- Puxo en valor os apoios autonómicos aos centros comerciais abertos e a orde de Mercados Excelentes, solicitada recentemente polo concello de Viveiro para potenciar a súa praza de abastos
- A reunión encádrase no proceso de diálogo e escoita activa que a Administración está a realizar cos diferentes axentes que interveñen no tecido comercial galego co obxectivo de configurar o futuro Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Viveiro (Lugo), 4 de setembro de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá coa alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, así como outros representantes municipais do concello e do centro comercial aberto da localidade co obxectivo de seguir avanzando e cooperando entre administracións e co tecido asociativo para o impulso do comercio local e de proximidade.
Neste encontro, o director xeral remarcou o compromiso da Xunta con este sector fundamental para a economía local, a xeración de emprego de calidade e a vertebración do territorio. Tamén incidiu na determinación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración para impulsar de xeito decidido o papel os centros comerciais abertos, claves na revitalización do comercio de proximidade, así como as prazas e mercados de abastos, como o mellor escaparate do produto galego de calidade, cun gran vencello ás contornas nas que se integran.
Neste senso, puxo en valor a recente orde- cun orzamento de 2,25 millóns de euros- para a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos ou a convocatoria de Mercados Excelentes, solicitada recentemente polo concello de Viveiro para potenciar a súa praza de abastos. A través deste indicativo -dotado con 1.280.000 euros-, a Xunta busca Impulsar a mellora destes espazos e a creación dunha rede de excelencia a través do selo Mercado Excelente, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos e aproveitar sinerxías.
A reunión tamén se encadra no proceso participativo de diálogo e escoita activa que o Goberno galego está a realizar cos diferentes axentes que interveñen no tecido comercial galego -asociacións, centros comerciais abertos, prazas de abastos, concellos...- co obxectivo de configurar o futuro Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030, unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal, que permita desenvolver un Mapa do Comercio de Galicia efectivo. Isto é, un espazo que contemplará a todo o sector comercial integrado dentro das asociacións, cun buscador por tipoloxía de establecemento, xeolocalización e información detallada para potenciais clientes.