O Consello aproba interpoñer un recurso de inconstitucionalidade contra a lei de amnistía
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- "Galicia actuará con toda a contundencia cando pensemos que hai normas que atentan contra os seus intereses, como é o caso", indica Rueda
- Salienta que a lei aprobada polo Goberno central contradí varios artigos da Carta Magna e ademais é arbitraria, choca contra o principio de igualdade e vulnera a separación de poderes

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2024
O presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, informou hoxe de que o Consello deu "luz verde" para que o Goberno autonómico "interpoña un recurso de inconstitucionalidade contra a Lei orgánica 1/2024 de amnistía xa anunciado", logo de contar co ditame favorable do Consello Consultivo de Galicia.
Neste sentido, destacou que a xuridisprudencia recoñece o dereito das comunidades autónomas a interpoñer recursos de inconstitucionalidade non só para a defensa de competencias propias senón para o restablecemento da orde xurídica constitucional. "Sempre dixemos que Galicia actuará con toda a contundencia cando pensemos que hai normas que atentan contra os seus intereses, como é o caso", indicou.
O presidente salientou que, tras un amplo traballo de documentación, a Xunta recorrerá a Lei aprobada polo Goberno central ao considerar a Asesoría Xurídica que esta Lei orgánica "contradí artigos da Constitución como o 9.1", que establece que todos os cidadáns e poderes públicos estarán sometidos á Carta Magna e ao resto do ordenamento xurídico.
Ademais, Rueda fixo fincapé en que, segundo a Asesoría Xurídica, se trata dunha lei que ten "consideración arbitraria", que "quebra co principio de igualdade", que vulnera o principio de separación de poderes ao "deixar sen efecto decisións firmes adoptadas polo poder xudicial" e que tamén "quebra o principio de seguridade xurídica" ao actuar nun eido tan amplo e indeterminado.