A Xunta autoriza seis novas casas niño no rural cun orzamento de 560.000€
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Isto supón 30 novas prazas totalmente gratuítas para nenos de 0 a 3 anos en concellos nos que non hai escola infantil
- Por primeira vez concédense axudas para a creación de casas niño en Baleira, Padrenda e Pedrafita do Cebreiro
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución de concesión das axudas para a creación de casas niño no rural. A Xunta de Galicia autorizou seis novas, cun orzamento de 560.000 euros, nos concellos de Baleira (Lugo), Padrenda (Ourense), Rábade (Lugo), Pedrafita do Cebreiro (Lugo), Paderne (A Coruña) e Entrimo (Ourense).
Isto correspóndese con 30 novas prazas 100% gratuítas para nenos de 0 a 3 anos que viven en núcleos de poboación sen escola infantil. No caso dos concellos de Baleira, Padrenda e Pedrafita do Cebreiro é a primeira vez que se conceden axudas para a posta en marcha deste servizo. En total, supérase o cento de casas niño en toda Galicia.
Deste xeito, confírmase a boa acollida destes servizos desde a súa posta en marcha no ano 2016. O Goberno galego fixo unha aposta decidida por dotar os concellos do rural desta alternativa de conciliación para promover que as familias destas áreas tamén conten con opcións para compatibilizar a súa vida laboral e familiar.
Axuda por baixa de maternidade ou paternidade
Esta convocatoria presenta como novidade unha axuda complementaria de 150 euros semanais para a persoa encargada dunha casa niño mentres estea de permiso por maternidade ou paternidade. Isto súmase á achega anual que outorga a Xunta á persoa que promove o servizo, ademais do investimento inicial dun máximo de 15.000 euros para a adecuación das instalacións onde se vaia emprazar a casa niño.