A Xunta impulsa a iniciativa emprendedora dos emigrantes retornados con apoios que contribúen ao desenvolvemento económico de Galicia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Vigo o taller de electromecánica posto en marcha pola familia de Agustina Patiño e Agustín Cierne, que retornaron a Galicia desde a Arxentina
  • Este emprendemento foi posible con achegas do Goberno autonómico como as axudas para o fomento do autoemprego e a actividade emprendedora dos emigrantes retornados, que se enmarcan na estratexia Galicia Retorna
  • O secretario xeral da Emigración destacou o valor do retorno como unha oportunidade para Galicia e salientou que o apoio integral do Executivo autonómico tamén permite que as persoas retornadas contribúan ao progreso socioeconómico da comunidade

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Vigo, 26 de agosto de 2024

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, visitou hoxe en Vigo o taller de electromecánica posto en marcha pola familia de Agustina Patiño e Agustín Cierne, que retornaron a Galicia desde A Arxentina e puideron levar a cabo este proxecto empresarial grazas ao apoio integral e a diversas iniciativas da Xunta de Galicia de impulso ao emprendemento.  

Agustina e Agustín beneficiáronse das Bolsas de Excelencia Mocidade Exterior (BEME), apoio que propiciou o seu retorno para  cursar un mestrado en Dirección de Proxectos na Universidade de Santiago de Compostela, no campus de Lugo, durante o curso 2019/2020. Ademais, entre outras achegas, foron beneficiarios das axudas para o fomento do autoemprego e a actividade emprendedora dos emigrantes retornados da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e da axuda Emega da Dirección Xeral de Promoción da Igualdade.

Durante a visita, o secretario xeral destacou o valor do retorno como unha oportunidade para Galicia, afirmando que "é un orgullo ver como galegos do exterior, grazas á súa experiencia e determinación, deciden volver á nosa comunidade para emprender e formar unha nova vida aquí. O caso de Agustina e a súa familia é un exemplo de como as diversas axudas da Xunta de Galicia non só facilitan o retorno, senón que tamén permiten que os beneficiarios contribúan activamente ao desenvolvemento económico e social de Galicia".

As axudas que permitiron a Agustina Patiño e ao seu home establecer o seu negocio en Vigo e a bolsa BEME, que lles permitiu completar o seu mestrado, enmárcanse na estratexia Galicia Retorna. Esta estratexia implica unha actuación integral desde todos os departamentos para fomentar o retorno e a integración dos galegos do exterior na sociedade galega, promovendo a creación de novas empresas e impulsando o tecido empresarial da comunidade, que se ve enriquecido pola experiencia profesional de retornados chegados de diferentes países.

O taller de electromecánica desta familia é un exemplo máis de como as políticas de apoio ao retorno da Xunta de Galicia, coordinadas a través de diferentes departamentos e programas, están a transformar o tecido empresarial da comunidade, fomentando a creación de novas empresas e contribuíndo ao crecemento económico e social de Galicia.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/08/2024
418534 {"title":"A Xunta impulsa a iniciativa emprendedora dos emigrantes retornados con apoios que contribúen ao desenvolvemento económico de Galicia","published_date":"2024-08-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/111135-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"418534"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-26/418534-xunta-impulsa-iniciativa-emprendedora-dos-emigrantes-retornados-apoios-contribuen-ao-desenvolvemento-economico-galicia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.