A Xunta impulsa un programa de cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nos meses de setembro, outubro e novembro unha programación específica en diferentes concellos das catro provincias galegas
  • Nos cursos, que constan de 16 horas de formación teórica-práctica repartidas en catro xornadas, terán prioridade as persoas con vinculación laboral ou formación na materia
  • O programa contempla os principais riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas con dependencia, así como as correspondentes recomendacións preventivas para eliminalos ou reducilos

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2024

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ten en marcha unha programación de cursos de prevención de riscos laborais dirixidos a traballadores/as de atención directa a persoas con dependencia e axuda no fogar. Tras iniciarse en Quiroga, as formacións seguiranse desenvolvendo nos meses de setembro, outubro e novembro en diferentes concellos das catro provincias galegas. En concreto, están previstos en Ribeira e Arzúa (A Coruña); Viveiro (Lugo); A Merca e A Peroxa (Ourense); e Soutomaior e Crecente (Pontevedra).

Estas accións formativas enmárcanse no Plan de actuación do Issga para o ano 2024, dentro do eixo de actividades para a promoción da prevención, mellora da xestión e redución da sinistralidade. Ademais, as particularidades que presenta este colectivo, como o feito de desenvolverse principalmente por mulleres e realizarse no domicilio particular da propia persoa a coidar, esixen o desenvolvemento de actuacións específicas co fin de promover, fomentar e mellorar as condicións de seguridade e saúde laboral destas traballadoras, especialmente no referido á prevención de trastornos musculoesqueléticos (TME).

Ofrecer alternativas ao levantamento manual dos usuarios, en termos de axudas técnicas, formación e adecuación de espazos, é un dos obxectivos máis importantes dunha actuación ergonómica coa persoas dependentes e constitúe un dos piares en todo programa de prevención dos TME.

Formación teórico-práctica

Os talleres programados -nos que terán preferencia as persoas con vinculación laboral ou formación na materia- son gratuítos e constan de 16 horas teórico-prácticas repartidas en 4 xornadas co obxectivo de promover o coñecemento para un traballo seguro tanto na atención directa de persoas con dependencia como para os traballadores de axuda a domicilio, polo que non só repercutirán no seu traballo senón tamén no benestar da persoa que recibe a atención.

A documentación técnica utilizada nestas actividades foi elaborada polo Issga e recolle os principais riscos ergonómicos, biolóxicos e psicosociais no coidado de persoas con dependencia así como as correspondentes recomendacións preventivas para eliminalos ou reducilos, fomentando as boas prácticas e a implantación de medidas preventivas eficaces para facer prevención e evitar danos para a saúde.

 

Máis información e inscricións:

https://issga.xunta.gal/gl/formacion#cursos-presenciais

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 26/08/2024
418348 {"title":"A Xunta impulsa un programa de cursos de prevención de riscos laborais en tarefas de axuda a domicilio e atención á dependencia","published_date":"2024-08-26","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/111135-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"418348"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-26/418348-xunta-impulsa-programa-cursos-prevencion-riscos-laborais-tarefas-axuda-domicilio-e-atencion-dependencia https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.