López Campos gaba o traballo da Fundación Manolo Paz a prol da cultura co recoñecemento ao ferrolán David Barro
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, participan na IX Xornada que cada ano organiza esta entidade
- A edición deste ano dedícase a homenaxear a traxectoria do director do museo de arte contemporánea Es Baluard de Palma de Mallorca
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Cambados (Pontevedra), 23 de agosto de 2024
O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, e o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, asistiron hoxe á celebración da IX Xornada da Fundación Manolo Paz, unha cita impulsada polo propio escultor cambadés a prol da cultura e da arte galega que se celebra cada ano en recoñecemento ao legado de creadores e profesionais da cultura.
No acto, o representante de Cultura da Xunta gabou o traballo feito pola Fundación Manolo Paz en beneficio da cultura e celebrou a decisión de homenaxear nesta edición ao ferrolán David Barro. Neste senso, López Campos referiuse ao galardoado, con máis de 25 anos de traxectoria, como "un gran embaixador da nosa cultura" desde o seu labor como comisario e director do museo de arte contemporánea Es Baluard de Palma de Mallorca.
No marco destas xornadas impulsadas desde o espazo creativo e expositivo de Manolo Paz no lugar de Quintáns, tamén se celebran outras actividades que aglutinan coñecemento, arte ou natureza como é o caso da mostra Mariscadoras que se completa con pezas do propio escultor e que se pode visitar no espazo exterior da Fundación.