A Xunta resalta o papel da olería tradicional no X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
Estas imágenes pertenecen a xunta.gal
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, pariciparon esta mañá na inauguración do X Encontro de Cacharreiros, que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo 18
- A programación inclúe demostracións, obradoiros con venda directa e visitas guiadas ao museo ás 13,00 e ás 18,00 h.
Xunqueira de Espadanedo (Ourense), 16 de agosto de 2024
O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participaron esta mañá na apertura do X Encontro de Cacharreiros de Niñodaguia, que se celebra no Museo da Olería de Niñodaguia ata o domingo 18. Durante a súa visita, Gabriel Alén resaltou o papel da olería tradicional na Artesanía de Galicia e a importancia do apoio institucional a este tipo de eventos monográficos que contribúen a manter, amosar e poñer en valor estes oficios artesanais.
Como cada ano, a Xunta colabora neste evento, organizado polo Concello de Xunqueira de Espadanedo, que se está a consolidar como unha cita de referencia para o sector da olería e da cerámica. Entre os participantes desta edición atópanse os oleiros de Niñodaguia Agustín Vázquez e Enrique Cabana, Olería do Batán (Baños de Molgas), Carlos San Claudio (Vigo), Antón Román (Gondomar) e Susana González (A Coruña); e en representación da olería portuguesa, os artesáns Carlos Lima e Xana Monteiro. Ademais, está prevista a participación do telleiro O Buraco, do torneiro Adrián Pena (Vigo) e da cesteira Julia de la Cal (O Porriño).
A programación de actividades inclúe demostracións ao vivo e venda de pezas, así como visitas guiadas ao Museo da Olería de Niñodaguia, que terán lugar os tres días en dúas quendas, ás 13,00 e ás 18,00 h. O programa complétase coas actuacións de música tradicional dos grupos Xunquereteiras, o venres, e Os Trabazos, o sábado, que terán lugar a partir das 20,00 h.