A Xunta impulsa un programa de cursos formativos en prevención de riscos laborais no sector forestal

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) desenvolverá nas vindeiras semanas unha programación específica en diferentes concellos centrada no manexo da motoserra e a rozadoira
  • A actividade forestal é unha das prioridades do Issga tanto pola súa importancia no tecido produtivo galego como pola perigosidade asociada a estes postos de traballo
  • O obxectivo destes cursos é fomentar a adquisición de habilidades no uso da maquinaria forestal e avanzar nunha cultura preventiva que permita diminuír os accidentes laborais neste sector
  • A formación compleméntase coa dinamización de campañas informativas relacionadas coa tala e roza no monte ou coa planificación dos traballos de aproveitamento forestal en zonas perigosas

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2024

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), dependente da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, ten en marcha unha programación de cursos de prevención de riscos laborais no manexo da motoserra e a rozadoira que, tras iniciarse na Estrada (Pontevedra), se desenvolverá nas vindeiras semanas nos concellos de As Somozas e Curtis, na provincia da Coruña; Baralla e Alfoz, na lucense; e Xinzo de Limia, en Ourense.

Estes cursos -dirixidos a persoas traballadoras e profesionais do sector e que precisan de inscrición previa- encádranse no programa específico do Issga dirixido a proporcionar unha formación en materia de prevención dos riscos laborais específica para o sector forestal e as actividades de silvicultura coa finalidade de fomentar a adquisición de habilidades nesa materia e avanzar nunha cultura preventiva que permita diminuír os accidentes laborais no sector.

Formación práctica

Trátase dunha formación eminentemente práctica con 15 horas lectivas repartidas en tres xornadas e cun máximo de 15 alumnos/as para garantir as condicións de seguridade e de distancia interpersoal. Nas diferentes sesións abórdanse aspectos como a seguridade e a saúde no traballo, a prevención de riscos laborais no manexo de maquinaria forestal, os equipos de protección individual, a planificación dos traballos de aproveitamento, os primeiros auxilios e primeira intervención en caso de accidente e as prácticas de manexo seguro tanto da motoserra como da rozadoira.

A documentación técnica foi elaborada polo grupo de traballo forestal do Issga -conformado tanto por persoal técnico da entidade como por representantes da Federación empresarial de aserradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga), da Asociación provincial de empresarios da 1ª transformación da madeira de Lugo (LugoMadera) e das empresas Ence e Finsa- e deseñada tendo en conta a singularidade das tarefas e do colectivo profesional. Ademais, o persoal docente dos cursos conta cunha ampla experiencia no ámbito da prevención de riscos laborais e, en particular, no sector forestal.

As medidas preventivas que se explican son sinxelas, con indicacións claras, e pretenden adaptarse á realidade e ao día a día destes traballos para lograr a plena integración da prevención en todas as tarefas, procesos e actividades. Ademais, ofrécense pautas relativas á vespa velutina ou á aplicación do protocolo PAS en caso de accidente en parcelas illadas do monte.

Campañas preventivas no eido forestal

A Xunta de Galicia vén marcando o sector primario e en particular, o forestal -pola súa importancia estratéxica no tecido produtivo- como un campo de actuación prioritaria para seguir avanzando no eido do estudo e investigación de accidentes, o asesoramento técnico a empresas, a prevención de riscos laborais, a elaboración de documentación técnica e a realización de diversas actividades formativas e informativas.

Neste contexto, o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) complementa as actividades de formación coa dinamización de campañas informativas de carácter preventivo co obxectivo de fomentar a concienciación de todo o sector sobre a perigosidade asociada a estes postos de traballo. Entre elas, salienta a orientada á prevención en traballos de tala e roza no monte ou a relacionada coa planificación dos traballos de aproveitamente forestal en zonas perigosas.

Máis información e inscricións:

https://issga.xunta.gal/gl/formacion#cursos-presenciais

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 14/08/2024
395113 {"title":"A Xunta impulsa un programa de cursos formativos en prevención de riscos laborais no sector forestal","published_date":"2024-08-14","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/109663-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"395113"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-08-14/395113-xunta-impulsa-programa-cursos-formativos-prevencion-riscos-laborais-sector-forestal https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.