A Xunta aposta en Redondela por consolidar unha rede galega de 'Mercados excelentes' como eixes do comercio local e vertebradores do territorio
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou a praza de abastos desta localidade pontevedresa para dar a coñecer a orde de axudas dotada con preto de 1,3 millóns de euros e cuxo prazo de solicitude remata o próximo 19 de agosto

Redondela (Pontevedra), 10 de agosto de 2024 O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, vén de visitar a praza de abastos de Redondela para dar a coñecer a convocatoria de impulso aos Mercados Excelentes dotada cun orzamento de 1.280.000 euros. Alí, recordou que o próximo luns 19 de agosto remata o prazo para solicitar estas achegas que buscan potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, no marco da aposta da Xunta pola revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.
O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados e outórgase en base ao cumprimento duns estándares que están a ser redefinidos pola Xunta en coordinación co sector, para atender ás novas realidades e potencialidades destes espazos.
Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.
Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.
Detalles da convocatoria
No marco das axudas a concellos, hai achegas tanto para os que xa conten co selo, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.
Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.
Ligazón á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240719/AnuncioG0767-100724-0003_gl.html