A automatización evitará aos forenses do Imelga o rexistro manual no INE de máis de 2.100 autopsias anuais
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Xunta está a pilotar a automatización deste procedemento interno que teñen que realizar mensualmente os profesionais do Imelga para as estatísticas do INE
- O emprego destas tecnoloxías libera aos empregados públicos de tarefas repetitivas, incrementa a capacidade de tramitación das unidades administrativas e reduce os tempos de resposta

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2024
A Xunta está a pilotar a aplicación de tecnoloxías de automatización robótica de procesos (RPA) ao rexistro das autopsias no INE, un trámite que realizan mensualmente os forenses do Imelga. A automatización desta tarefa evitará aos forenses ter que mecanizar manualmente os datos de arredor de 2.100 persoas cada ano.
A solución que se está a probar permitirá incorporar os datos que os forenses rexistran no sistema Simelga e envorcalos nos apartados correspondentes do INE. Deste xeito reducirase o tempo no rexistro de defuncións, evitaranse posibles erros e contribuirase a unha maior fiabilidade das estatísticas do INE.
Este é un dos preto de 20 procedementos nos que se está a pilotar a aplicación da automatización, tanto na administración xeral autonómica como no eido xudicial. Son, na maioría dos casos, procesos internos da Administración nos que a automatización permite axilizar os procedementos e mellorar tanto os tempos como a calidade do servizo á cidadanía e o desempeño dos empregados públicos.
Estas solucións de automatización evitan aos profesionais da administración pública ter que realizar tarefas repetitivas, como revisar grandes volumes de documentos e procesos recorrentes, e poder dedicarse a tarefas de maior valor.
Plataforma de automatización intelixente
A Xunta de Galicia busca estender o uso das tecnoloxías de intelixencia artificial e robótica aos procedementos administrativos de xeito progresivo grazas á plataforma de automatización intelixente que comezou a desenvolver en 2022.
Esta plataforma permite dar resposta áxil ás necesidades de tramitación de grandes volumes de expedientes, evitando que as persoas realicen tarefas que poden ser automatizadas e dar un mellor servizo á cidadanía.