A Xunta salienta a importancia da formación para captar e reter talento no sector TIC da comunidade

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá a sede da compañía de servizos profesionais Deloitte na Coruña
  • A empresa colaborou co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) impartindo seis seminarios técnicos relacionados co desenvolvemento de aplicacións na nube, dos que se beneficiaron 214 persoas
  • Máis de 3.000 traballadores e desempregados participaron xa na presente programación do CNTG, a través de 90 cursos e 83 seminarios técnicos, consolidando así este centro como un referente formativo no sector TIC en Galicia
  • A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a realizar unha firme aposta pola formación flexible, de curta duración e axustada á demanda das empresas para casar de xeito máis eficiente oferta e demanda no mercado laboral

Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia

A Coruña, 23 de xullo de 2024

A directora xeral de Formación e Cualificación para o Emprego, Zeltia Lado, visitou esta mañá a sede da compañía de servizos profesionais Deloitte na Coruña para continuar avanzando na detección das necesidades de formación que as compañías do sector TIC teñen en Galicia.

Zeltia Lado agradeceu a implicación desta compañía coa formación e destacou a colaboración de Deloitte co Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG), dependente da Dirección Xeral de Formación e Cualificación para o Emprego. No marco desta cooperación, Deloitte -compañía enfocada en apoiar ás empresas nos seus retos e procesos de transformación e que en Galicia conta con 200 empregados- impartiu unha serie de seis seminarios técnicos, cada un deles de dúas horas de duración, sobre diferentes temáticas relacionadas co desenvolvemento de aplicacións na nube (cloud).

Os seminarios -que estaban abertos a traballadores e a desempregados interesados na materia- permitiron a formación de 214 persoas e foron impartidos por persoal cualificado da compañía en Galicia  e doutros equipos dos centros de excelencia que a empresa ten en España.

Programa formativo do CNTG

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia é un referente formativo na nosa Comunidade, cuxo programa está destinado tanto a persoas traballadoras do sector TIC como a persoas desempregadas interesadas en incorporarse a el.

A formación impartida na presente programación supuxo a formación de máis de 3.000 traballadores e desempregados, tanto a través de 90 cursos formativos de preparación para certificación -nos que participaron 1.750 persoas e que supuxeron 4.463 horas de formación- como nos 83 seminarios técnicos como os impartidos por Deloitte e nos que se formaron preto de 1.250 cidadáns. Os cursos desenvolvidos no CNTG tiveron unha demanda de 3,4 candidatos por cada praza ofertada, unha taxa de ocupación das 1.830 prazas ofertadas de preto dun 96%, unha taxa de finalización de máis dun 93%, e unha valoración global do alumnado de 9,03 sobre 10.

Atendendo á situación laboral das persoas formadas, un 19% foron desempregados, un 4% autónomos, un 67% empregados do sector TIC e un 10% empregados de administracións públicas.

Aposta pola formación flexible

A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración está a realizar unha firme aposta pola formación flexible, de curta duración e axustada á demanda das empresas, co obxectivo de casar de xeito máis eficiente a oferta e a demanda no mercado laboral. Neste contexto, a Xunta ten en marcha axudas a entidades de formación para impartir cursos dirixidos a desempregados na convocatoria 2024-2025, cun orzamento de 76 millóns de euros -o máis alto dos últimos 15 anos- co que se aspira cualificar unhas 18.000 persoas sen traballo nas especialidades máis requiridas polas empresas galegas e os traballadores.

Ademais, Galicia está sendo pioneira no emprego da intelixencia artificial para modernizar o Servizo Público de Emprego. A través da ferramenta de software EMi, agárdase realizar no prazo dun ano o perfilado competencial de 70.000 persoas que estean buscando activamente traballo, facilitando así aos orientadores laborais realizar os itinerarios profesionais das persoas usuarias e cubrir de xeito máis eficiente as vacantes existentes no tecido empresarial galego.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 23/07/2024
345418 {"title":"A Xunta salienta a importancia da formación para captar e reter talento no sector TIC da comunidade","published_date":"2024-07-23","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/105654-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"345418"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-23/345418-xunta-salienta-importancia-da-formacion-captar-e-reter-talento-sector-tic-da-comunidade https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.