A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en 'Mercados Excelentes' como eixos do comercio local e vertebradores do territorio

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago para dar a coñecer a nova orde de axudas que publica hoxe o DOG
  • O obxectivo da convocatoria, dotada con preto de 1,3M€, é fomentar unha rede de mercados galegos con selo de excelencia
  • O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados, e outórgase en base ao cumprimento duns estándares que están a ser redefinidos en coordinación co sector para atender ás novas realidades
  • A orde promove, por un lado, actuacións dirixidas ao mantemento e mellora dos Mercados Excelentes existentes e, por outro, accións de mentoring, de formación ou obras de construción para que outros poidan acadar este selo
  • O prazo de solicitude arranca mañá e prolongarase durante un mes

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, visitou esta mañá a praza de abastos de Santiago de Compostela para dar a coñecer a nova orde de axudas de impulso aos Mercados Excelentes, que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG). Dotada cun orzamento de 1.280.000 euros, a convocatoria busca potenciar as prazas de abastos e mercados e transformalos en Mercados Excelentes, no marco da aposta da Xunta pola revitalización destes espazos comerciais como vertebradores do territorio e xeradores de riqueza e emprego.

O indicativo pode ser solicitado por concellos, asociacións ou federacións de prazas de abastos e mercados, e outórgase en base ao cumprimento duns estándares que están a ser redefinidos pola Xunta en coordinación co sector, para atender ás novas realidades e potencialidades destes espazos.

Con estas axudas, búscase posibilitar actuacións que sirvan para fomentar a mellora deste tipo de instalacións, atender as necesidades de comerciantes e clientes, aproveitar a situación estratéxica dos mercados nas cidades e vilas e potenciar estes espazos como o mellor escaparate do produto galego agroalimentario de calidade, ademais da súa capacidade de dinamización comercial e turística.

Tamén se persegue vencellar as prazas de abastos a valores como a sustentabilidade, a protección do medio, o trato personalizado e o compromiso coa sociedade, así como mellorar a súa accesibilidade, acadar a súa modernización e dixitalización e incrementar os servizos que prestan, favorecendo a coordinación cos centros comerciais abertos.

Detalles da convocatoria

No marco das axudas a concellos, haberá achegas tanto para os que xa conten co selo, como para os que o queiran implantar. En concreto, para potenciar a Rede de Mercados Excelentes de Galicia, os municipios que xa conten con esa figura poderán recibir axudas para accións enfocadas ao mantemento e mellora deste estándar de calidade, ademais de, como novidade, desenvolver campañas de dinamización comercial cun investimento máximo de 10.000 euros e para o deseño da imaxe corporativa do mercado. Mentres, as prazas de abastos que non sexan aínda Mercado Excelente poderán sufragar accións de mentoring e de formación dos praceiros e praceiras, de consultoría especializada, de diagnose da situación e usos do mercado ou a elaboración da documentación necesaria para levar a cabo as actuacións destinadas a acadar o selo, entre outras actuacións.

Nesta mesma liña, nas axudas a municipios hai dúas liñas máis de achegas, destinadas a adquisición de equipamento e eficiencia enerxética. Canto ás asociacións de prazas de abastos e mercados, financiaránselles actuacións de dinamización e revitalización no marco de proxectos de incentivación da demanda e do consumo ou mantemento dos marketplace, na mesma liña que no relativo ás federacións.  

Decidido apoio ao comercio

A convocatoria, que o ano pasado beneficiou a 33 entidades a través dunha dotación superior aos 1,1 millóns, intégrase no compromiso da Xunta polo reforzo do tecido comercial galego. Nese senso, a Consellería ten convocado este ano outras ordes como os 2,25 M€ para impulsar a innovación e dinamización dos centros comerciais abertos. Todo isto converxe no Plan estratéxico do comercio galego que se está elaborando cos axentes do sector, unha planificación en materia de transformación dixital, innovación e modernización do sector comercial e tamén artesanal.

Ligazón á orde no DOG:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2024/20240719/AnuncioG0767-100724-0003_gl.html

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
336215 {"title":"A Xunta aposta por potenciar as prazas de abastos e transformalas en 'Mercados Excelentes' como eixos do comercio local e vertebradores do territorio","published_date":"2024-07-19","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1278588\/20240718+conselleiro+reunion+secretario+estado+traballo.jpeg","id":"336215"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-07-19/336215-xunta-aposta-potenciar-as-prazas-abastos-e-transformalas-mercados-excelentes-como-eixos-do-comercio-local-e-vertebradores-do-territorio https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.