Belén do Campo anima ás cooperativas a solicitar as axudas para a adquisición de maquinaria en común que ascenden a máis de 4 millóns de euros
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A representante do Goberno autonómico destacou que os principais obxectivos destas achegas son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego, así como mellorar en seguridade e aforro enerxético
- Puxo en valor a traxectoria das cooperativas da comarca de Santiago e a súa decidida aposta pola xestión eficiente dos recursos e pola innovación

Tordoia (A Coruña), 8 de xullo de 2024
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Tordoia, Eduardo Antonio Pereiro, visitou hoxe a cooperativa Vitoba, da que forman parte 15 socios, para lembrar que o prazo de solicitude das axudas da Xunta para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en común estará aberto ata o vindeiro día 19 de xullo. Foi durante unha visita á cooperativa Vitoba en Tordoia comarca de Santiago, que foi beneficiaria destas subvencións nas convocatorias do ano 2022 e 2023.
A delegada explicou que a convocatoria destas achegas publicouse recentemente no Diario Oficial de Galicia, concretamente o pasado día 19 deste mes de xuño, e que están dotadas con máis de 4 millóns de euros. Os seus obxectivos fundamentais son promover o uso da maquinaria en réxime asociativo e fomentar a introdución de novas tecnoloxías no seu emprego. Tamén se persegue con elas racionalizar os mecanismos de seguranza no traballo, reducir as emisións contaminantes e promover o aforro enerxético, na procura dunha mellora de calidade de vida no medio rural.
Estas subvencións van dirixidas a cooperativas e sociedades agrarias de transformación (SAT), que poderán financiar todo tipo de maquinaria de uso común, sempre que supoñan unha redución de custos de produción ou incrementen a súa produtividade. Tamén se consideran financiables os estudos técnico-económicos de viabilidade da operación. Ademais, estas axudas compleméntanse coas destinadas ás instalacións e equipamentos en común.
Axudas comarca Santiago
Nesta visita, a delegada puxo en valor a traxectoria da cooperativas da comarca de Santiago, así como a súa decidida aposta pola xestión eficiente dos recursos e pola innovación. Neste senso, destacou que nesta área, o ano pasado, foron beneficiarios destas axudas 14 cooperativas dos concellos de Ames, Arzúa, A Baña, Frades, Negreira, Rois, Santa Comba, Tordoia, Touro e Trazo con apoios que ascenderon ata os 1,4 millóns de euros e un total de investimento mobilizado de máis de 3,7 millóns de euros.