A Xunta colabora con ACCEM na atención a mulleres en situación de especial vulnerabilidade
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Incrementou ata os 520.000 euros as axudas con cargo ao 0,7% do IRPF a esta entidade, o que permitiu que incrementase as prazas deste centro de acollida de oito a dez

O Grove (Pontevedra), 29 de xuño de 2024
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, visitou esta mañá a casa de acollida de ACCEM no Grove, destinada á atención de mulleres en situación de especial vulnerabilidade. O Goberno galego destinou este ano preto de 520.000 euros a esta entidade a través da orde de axudas con cargo ao 0,7% do IRPF, o que permitiu que incrementasen as prazas deste centro de oito a dez.
Fabiola García agradeceu a ACCEM o seu importante labor atendendo, asesorando e procurando un futuro mellor para todas estas mulleres. Estes centros ofrecen un aloxamento temporal a mulleres en risco de exclusión ou que foran vítimas de violencia de xénero, así como atención psicolóxica, xurídica ou laboral. No pasado ano 2023, atenderon a preto de 130 unidades familiares mediante o servizo de atención extrema de acollida.