A Xunta destaca que o acceso ao emprego dos mozos baixo o sistema de protección autonómico é clave para a súa inserción
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O programa Mentor Rural facilita a transición á vida adulta dos menores en concellos do rural das provincias de Lugo e Ourense para que logren un desenvolvemento persoal e profesional pleno

Monforte de Lemos (Lugo), 26 de xuño de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, clausurou hoxe o acto de difusión do programa Mentor Rural que tivo lugar hoxe en Monforte de Lemos e que reuniu a representantes de empresas da zona aos que se lle deu a coñecer esta iniciativa. Durante a súa intervención, destacou a importancia deste programa xa que o acceso ao emprego dos mozos baixo o sistema de protección autonómico é clave para a súa inserción.
O Mentor Rural busca a transición á vida adulta dos menores en réxime de protección en concellos das provincias de Lugo e Ourense. Este programa, que se realiza desde este ano en réxime de concerto social e que xestiona a entidade Igaxes, permite que se instalen, se formen e dean os seus primeiros pasos no mundo laboral de xeito que logren un desenvolvemento persoal e profesional pleno.
Os técnicos axudan aos rapaces no proceso de alugueiro dunha vivenda e fan un seguimento constante dos primeiros compases da súa emancipación. O Goberno galego destina este ano un millón de euros a esta iniciativa que se desenvolve logo da boa experiencia obtida co programa Mentor, con dúas décadas de traxectoria e que procura a inserción laboral de mozos maiores de 16 anos baixo o sistema de protección en áreas urbanas.