A Xunta celebra o primeiro aniversario da creación do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Os mozos e mozas integrantes puideron expoñer e poñer en común aquelas propostas que foron reunindo nos seus encontros periódicos para propoñer plans conxuntos de acción
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, presidiu esta mañá o pleno do Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia ao que tamén asistiu a directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana. Este pleno celebrouse cando se cumpre o primeiro aniversario desde a súa constitución.
Os integrantes deste Consello Autonómico son mozos de entre oito e 17 anos procedentes dalgún dos Consellos locais de participación infantil, impulsados por Unicef-Galicia, da Plataforma de Organización da Infancia de Galicia (POIG) e do sistema de protección autonómico. O seu obxectivo é ofrecerlles unha canle de participación na que eles sexan os protagonistas e teñan voz propia para trasladar as súas inquedanzas e incertezas.
Durante este encontro, puideron poñer en común as propostas que os mozos e mozas foron reunindo nos seus encontros periódicos para propoñer plans conxuntos de acción. Coa creación deste Consello Autonómico o Goberno galego consolida o seu compromiso de escoitar, atender e incorporar todas as propostas da infancia e a adolescencia para mellorar a nosa sociedade.