A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas'

  • O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron hoxe á última xornada do curso de iniciación á xastrería artesanal impulsado pola Xunta en Santiago de Compostela
  • Este curso, pioneiro en España e de 168 horas de duración, estivo impartido polo xastre Fernando Freire, un profesional de longa traxectoria que acaba de abrir o seu propio obradoiro artesanal na capital galega

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2024

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, achegáronse esta mañá a Santiago de Compostela para asistir á última xornada do curso Xastrería artesanal. Execución dunha chaqueta de traxe, a actividade máis longa incluída no programa formativo Aprender da tradición. Oficios e técnicas e iniciada en novembro pasado.

Esta iniciativa destínase a conservar e a renovar técnicas e oficios tradicionais co obxectivo de mellorar a capacitación dos artesáns galegos e a captar novos talentos para o sector.  Dende o seu inicio a finais de 2023 e a través da Fundación Artesanía de Galicia, ten impulsado un total de doce cursos de formación especializados en ourivería compostelá, no tecido tradicional, na olería de Buño, na patronaxe, na xastrería, na marroquinería e na tapicería tradicional.

O curso dedicado á xastrería artesanal que se enmarca neste proxecto foi pioneiro en España e o máis extenso dos que se organizaron ata o de agora, con 168 horas de duración dende novembro de 2023. O obxectivo da Xunta é continuar con esta liña de traballo e oficio para seguir formando futuros xastres. O curso estivo impartido por Fernando Freire -xastre de recoñecido prestixio e ampla traxectoria que hai un mes abriu taller propio en Santiago de Compostela- e polo seu oficial Ramón Lareo.

Aprender da tradición. Oficios e técnicas é un programa impulsado polo Goberno galego a través da Fundación Artesanía de Galicia para a renovación e a conservación de técnicas e de oficios tradicionais. Ata o  momento, arredor dun cento de persoas teñen participado nas distintas accións de formación continua programadas, téndose acadado xa -en menos dun ano de traballo- a incorporación efectiva de alumnado participante ao mercado laboral. Despois do verán está previsto introducir novas propostas formativas en máis técnicas tradicionais vinculadas a diferentes oficios.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
269194 {"title":"A Xunta impulsa a remuda na xastrería a través do programa 'Aprender da tradición. Oficios e técnicas'","published_date":"2024-06-16","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia","id":"269194"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-16/269194-xunta-impulsa-remuda-na-xastreria-traves-do-programa-aprender-da-tradicion-oficios-e-tecnicas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.