A Xunta pon en marcha unha campaña para alertar sobre os riscos do manexo do tractor co foco no rural

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja,  presentou hoxe a iniciativa autonómica
  • A actuación desenvolverase nas estradas galegas en coordinación coa Garda Civil de Tráfico, nas unidades móbiles e puntos fixos da ITV e nos concellos cunha especial incidencia no rural, tendo en conta a importancia da actividade agraria nestas áreas
  • Fernández pon de manifesto que a meirande parte dos accidentes co tractor non son laborais, prodúcense entre a poboación xubilada, e sinala que as causas máis frecontes de sinistralidade son o envorcado, atropelos e atrapamentos
Tordoia (A Coruña), 11 de xuño de 2024

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, acompañado pola xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja, presentou hoxe a campaña Prevención de riscos no manexo do tractor que levará a cabo a Xunta de Galicia para alertar e concienciar dos riscos do manexo do tractor e dos seus apeiros e informar de cales son as causas máis recorrentes dos sinistros. 

A actuación da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, que desenvolverá o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), en colaboración coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT), terá lugar nas estradas galegas, en coordinación coa Garda Civil de Tráfico, nas unidades móbiles e puntos fixos da ITV e nos concellos cunha especial incidencia no rural, tendo en conta a importancia da actividade agraria nestas áreas. 

Achegar recomendacións básicas, que de terse sempre en conta evitarían moitos accidentes e minimizarían as súas consecuencias, é outro dos obxectivos desta campaña.

O secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais explicou que a meirande parte dos accidentes prodúcense entre poboación xubilada, é dicir, non son sinistros laborais polo que é preciso incidir entre os conductores de máis de 65 anos: nos sinistros mortais en tractor a maioría de persoas non están afiliadas ao réxime especial agrario, é dicir, son accidentes non laborais. A meirande parte deles teñen lugar cando se realizan tarefas agrarias ou nos seus desprazamentos, principalmente en zonas rurais. 

De feito, ata abril de 2024 non se rexistraron accidentes de traballo mortais polo uso do tractor; e entre 2021 e 2023 contabilizáronse cinco (8,93%), sendo o 91% non laborais. 

Fernández tamén destacou que é preciso ter en conta o envellecemento do parque de maquinaria, xa que a idade medida dos tractores agrícolas sitúase nos 25,43 anos e dos remolques agrícolas nos 23,73 anos. 

Así mesmo, as causas de sinistralidade máis frecontes son o envorcado, atropelos e atrapamentos. 

A prol dun emprego seguro

O secretario xeral de Emprego tamén apuntou que un dos obxectivos principais da Xunta é garantir un emprego seguro e de calidade como elemento básico da competitividade. O sector agrícola é clave na economía galega e, por iso, é tamén un reto prioritario mellorar as condicións laborais dos traballadores e traballadoras galegas no ámbito rural. 

Para iso, a Xunta, a través do Instituto de Seguridade e Saúde de Galicia (ISSGA), deseña medidas encamiñadas á prevención de riscos neste sector que dan resposta ás demandas do tecido empresarial galego.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 11/06/2024
256399 {"title":"A Xunta pon en marcha unha campaña para alertar sobre os riscos do manexo do tractor co foco no rural","published_date":"2024-06-11","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/webapp\/assets_v2\/images\/icons\/flags\/logo-bandera-galicia.png","id":"256399"} galicia C. de Emprego, Comercio e Emigración https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta a Professional para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Professional en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un grupo de trabajo. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propio grupo de trabajo. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-11/256399-xunta-pon-marcha-unha-campana-alertar-os-riscos-do-manexo-do-tractor-co-foco-rural https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.