A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar do Deza

Imagen del artículo A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar do Deza

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Este mesmo mes sairá a licitación pública a creación deste servizo que permitirá que as familias e os menores de idade non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para realizar as visitas establecidas polo réxime xudicial
  • Converterase no noveno centro destas características xunto cos xa existentes nas sete cidades e na comarca do Barbanza
  • O Goberno galego avanza no seu propósito de chegar aos 14 PEF por toda a Comunidade e achegar así estes recursos ao maior número de familias posible

Lalín (Pontevedra), 8 de xuño de 2024

A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, reuniuse co alcalde de Lalín, José Crespo, para analizar os retos futuros e inmediatos na mellora dos servizos sociais nesta localidade. Entre os asuntos tratados nesta reunión, atopouse a creación do futuro Punto de Encontro Familiar (PEF) do Deza que dará cobertura ás familias de todos os concellos desta comarca. O Goberno galego sacará este mesmo mes a licitación pública o impulso deste servizo por un importe superior aos 125.000 euros.

 

Será o noveno centro desta tipoloxía en toda a Comunidade xunto aos xa existentes nas sete cidades galegas e na comarca do Barbanza. Ademais, o Goberno galego impulsará novos centros nas principais comarcas galegas para favorecer que as familias e os menores non teñan que trasladarse ducias de quilómetros para facer as visitas establecidas polo réxime xudicial. O obxectivo é chegar aos 14 centros por toda Galicia e achegar así estes recursos ao maior número de familias posible.

 

Ademais da creación deste centro, a reunión entre a conselleira e o rexedor lalinense serviu para estudar a posibilidade de mellorar outros servizos sociais do concello para pequenos e maiores. Fabiola García destacou que o Goberno galego impulsa servizos de conciliación para nenos de 0 a 3 anos nas dúas escolas infantís públicas autonómicas deste concello e tamén atende as necesidades dos máis maiores a través do Bono coidado no fogar, que lles ofrece unha axuda económica de 5.000 euros ao ano para seguir sendo atendidos nas súas casas.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
250367 {"title":"A Xunta investirá máis de 125.000 euros na creación do futuro punto de encontro familiar do Deza","published_date":"2024-06-08","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/1150737\/20240607+ConselleiraAudienciaLalin.jpeg","id":"250367"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-08/250367-xunta-investira-mais-125-000-euros-na-creacion-do-futuro-punto-encontro-familiar-do-deza https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.