A Xunta concede máis de 2 M€ para programas de conciliación e de atención a mulleres vulnerables

Estas imágenes pertenecen a xunta.gal

  • Máis de 70 entidades resultaron beneficiarias de subvencións para iniciativas dirixidas a mulleres especialmente vulnerables, e outras 16 para actuacións no marco do Plan Corresponsables

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2024

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a resolución da orde de máis de 2 millóns de euros en subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres especialmente vulnerables e para iniciativas de conciliación no marco do Plan Corresponsables.

Máis de 70 asociacións, federacións e ONG de diferentes ámbitos e das catro provincias galegas resultaron beneficiarias das axudas para desenvolver programas de recursos integrais de atención de mulleres vulnerables, cun investimento por parte da Xunta de 1,8 millóns de euros.

No caso do Plan Corresponsables, o Goberno galego destinará outros 300.000 euros a 16 entidades, tamén nas catro provincias, orientadas a facilitar a conciliación das familias con menores a cargo de ata 16 anos de idade.

Estas iniciativas consisten na creación de bolsas de coidado profesional, a través da creación de emprego de calidade neste sector, e no impulso de plans de formación e sensibilización en corresponsabilidade e coidados destinados aos homes e ás familias.

Reunión con ADICAM en Vigo

A directora xeral de Promoción da Igualdade, María Quintiana, reuniuse hoxe con representantes da Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico (Adicam) en Vigo. Durante o encontro lembrou que estas mulleres son tamén obxecto destas axudas por vivir situacións especialmente difíciles que lles afectan no seu benestar físico e emocional.

Neste sentido, comprometeu que o Goberno galego seguirá destinando fondos e programas que permitan mellorar o seu día a día e reverter aquelas situacións de vulnerabilidade que poidan sufrir.

"" https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php Lista creada! La lista ha sido creada y la noticia añadida correctamente. Lista modificada! El título de la lista ha sido modificada correctamente. Eliminar lista: @text@ ¿Estás seguro de que quieres eliminar esta lista? Todas las noticias que contiene serán desmarcadas. Lista eliminada! La lista ha sido eliminada correctamente. Error! Error al eliminar la lista. Aceptar Cancelar https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde.
246138 {"title":"A Xunta concede máis de 2 M€ para programas de conciliación e de atención a mulleres vulnerables","published_date":"2024-06-06","region":"galicia","region_text":"Galicia","category":"press_release","category_text":"Notas de prensa","image":"https:\/\/www.xunta.gal\/documents\/35297\/905933\/20240606+DXIgualdadeVigo.jpg","id":"246138"} galicia C. de Política Social e Igualdade https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2024-06-06/246138-xunta-concede-mais-2-m-programas-conciliacion-e-atencion-mulleres-vulnerables https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.