A Xunta destaca a aposta de Galicia polo acollemento familiar
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- Arredor dun milleiro de nenos e adolescentes vulnerables crecen no seo de familias acolledoras, o que lles permite medrar nun fogar normalizado
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
A Coruña, 31 de maio de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, asistiu esta mañá ao acto organizado por ACOUGO, a Asociación galega de familias de acollida, e a Zona Comercial Obelisco con motivo do Día Mundial do Acollemento Familiar na Coruña.
O director xeral trasladou o seu agradecemento ás familias acolledoras de Galicia, pola súa xenerosidade e dedicación, e ás entidades que traballan no ámbito do acollemento familiar, polo seu tempo e esforzo. Unha fórmula pola que o Goberno galego aposta dende hai anos para procurarlles aos nenos e adolescentes que non poden vivir cos seus proxenitores un fogar que sintan como propio e o calor dunha familia que os arroupe.
Arredor dun milleiro de menores vulnerables están a crecer no seo dunha familia acolledora en Galicia. A taxa de acollemento familiar en Galicia supera en seis puntos a media nacional, de modo que Galicia é a sexta comunidade autónoma cos mellores datos de España neste ámbito.
O Goberno galego seguirá apostando, da man das entidades sociais, por impulsar o acollemento familiar, co obxectivo de que cada vez máis rapaces teñan a oportunidade de medrar nun fogar que lles ofreza protección, benestar e felicidade