Belén do Campo participa na inauguración do XI Congreso Nacional de Mudanzas que se celebra na Coruña
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A Coruña, 31 de maio de 2024
- A delegada da Xunta, Belén do Campo, participou na apertura do XI Congreso Nacional de Mudanzas que se celebra estes días na cidade da Coruña. Trátase dun evento bianual que reúne a máis dun centenar de profesionais das mudanzas. A delegada da Xunta subliñou que este Congreso que xa vai pola XI edición é o punto de encontro máis relevante para o sector xa que supón unha oportunidade idónea para analizar o presente e o futuro de cerca de 200 empresas que forman parte da FEDEM (Federación Española de Mudanzas).
- Belén do Campo apuntou que os grandes retos deste colectivo son, por unha banda, a adopción de novas tecnoloxías para mellorar significativamente a eficiencia e o servizo ao cliente, e por outra banda, a sustentabilidade que non é só unha tendencia, senón unha responsabilidade. "As vosas empresas deben liderar co exemplo na implementación de prácticas amigables co medio ambiente. A optimización de roteiros para reducir emisións, a reciclaxe de materiais de embalaxe e a adopción de vehículos máis limpos son só algúns dos pasos que deberedes adoptar para contribuír a un futuro máis verde", apuntou a delegada.
- Belén do Campo tamén destacou o compromiso da Xunta de Galicia con eles e coas empresas concretamente cun novo programa dirixido á contratación de menores de 30 anos como primeira experiencia profesional, un programa mixto que ademais de promover con apoio económico(ata 20.000 €) a contratación, durante doce meses, ofrece formación.
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia