A Xunta lamenta as incertezas que está a crear a falta de avances na futura Lei estatal de Familias
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O proxecto de lei foi aprobado por primeira vez no ano 2022, pero aínda continúa a súa tramitación parlamentaria nas Cortes
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 14 de maio de 2024
O director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica, Jacobo Rey, participou esta mañá no pleno do Observatorio Galego de Familia e Infancia. Durante o encontro, relatou as novidades introducidas no último ano por parte da Xunta de Galicia para mellorar a situación das familias de especial consideración. Neste sentido, lamentou as incertezas que está a crear a falta de avances na futura Lei estatal de Familias.
O director xeral lembrou que o proxecto de lei foi aprobado en Consello de Ministros por vez primeira no ano 2022, pero aínda continúa a súa tramitación parlamentaria nas Cortes. Deste xeito, continuou, non é posible avanzar en posibles medidas para as familias de especial consideración como o título específico para as familias monoparentais con validez en toda España. Para estas familias, o Goberno galego ampliou dun a dous anos a validez do certificado autonómico que acredita a estas familias para acceder a vantaxes na Comunidade Autónoma.
Por outra banda, destacou a boa acollida do novo título de familia numerosa en formato tarxeta, que substitúe ao título en formato papel, e que xa beneficia ás case 29.000 familias numerosas de Galicia. A Xunta de Galicia tamén puxo en marcha neste ano 2024 o novo título de familia numerosa en formato dixital, ao cal poden acceder todas as familias a través da aplicación 'Xunta.eu' e que ten a mesma validez que o título en formato físico.