O programa Xuventude Crea 2025, que repartirá máis de 70.000 euros, mantén aberto o seu prazo de inscrición en busca do talento artístico
Resumen autogenerado
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- A delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron a iniciativa en Vigo
- As inscricións poden facerse ata o día 29 deste mes de setembro preferiblemente a través da sede electrónica da Administración Autonómica

Vigo, 15 de setembro de 2025
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, presentaron o programa Xuventude Crea, unha iniciativa da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude que ten aberto o seu período de inscricións ata o día 29 deste mes a través da sede electrónica da Administración Autonómica.
Ortiz destacou que se trata dunha nova oportunidade para que os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos poidan mostrar o seu talento artístico. "O certame pretende estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación, ademais de actuar como estímulo económico para a xuventude, porque a Xunta aposta por darlle aos participantes na iniciativa unha maior visibilidade, promoción e oportunidades no sector, incidindo na mellora da proxección do talento da mocidade e mantendo a finalidade de estimular e apoiar a imaxinación, a creatividade e a innovación", destacou a representante autonómica.
Pola súa banda, Lara Meneses lembrou que, dende a súa creación, "participaron neste certame máis de 5.300 mozos e mozas con case 4000 obras e proxectos creativos e repartíronse 633 premios por importe de 966.050 euros e máis de 80 mencións de honra".
Xuventude Crea 2025: 16 categorías
O Xuventude Crea 2025 contará con 16 categorías, entre elas: artes plásticas (modalidades de pintura e escultura), arte urbana, banda deseñada, cociña, creación de contido, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, DJ, fotografía, moda, música, novela curta, poesía, teatro e videocreación.
Por cada categoría, os premios económicos serán de 2.000€ para o primeiro, 1.500€ para o segundo e 1.000€ para o terceiro. Ademais, haberá un premio especial de 1.000€ para a modalidade de música clásica na categoría de música e poderanse outorgar mencións de honra a aquelas obras que consigan chegar á fase final.
Ademais do premio económico, os gañadores terán a posibilidade de entrar na selección dun programa de formación e mentorizaxe para poñer en marcha o seu proxecto empresarial, ademais de participar en importantes eventos de referencia no sector artístico tanto de carácter autonómico, nacional e internacional onde poderán expoñer as súas obras e difundir o talento da mocidade galega.