A Xunta realiza labores de conservación nun tramo fluvial de case 650 metros no concello da Capela
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As tarefas que realiza Augas de Galicia prolongaranse case dúas semanas e inclúen a retirada de árbores caídas e de biomasa na canle fluvial para evitar atoamentos
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025
A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a través de Augas de Galicia, está a executar actuacións de conservación e mantemento dun tramo do río Belelle, que abrangue 649 metros no concello da Capela (A Coruña).
As tarefas, que se prolongarán durante preto de dúas semanas, consisten na retirada de árbores caídas e biomasa presente na canle fluvial para evitar atoamentos. Os traballos, que foron comunicados ao concello, realizaranse mediante a aplicación de ferramentas manuais, o uso de motoserras e tamén co emprego dun tractor.
As actuacións céntrase nun tramo de algo máis de medio quilómetro no río Belelle ao seu paso polo lugar de A Igrexa, na parroquia de Cabalar (Santa María), no concello coruñés da A Capela.
Unha vez finalizadas as obras programadas polo organismo hidráulico dependente do Executivo galego, este tramo fluvial quedará despexados de maleza, posibilitando así a circulación fluída das augas.
Augas de Galicia desenvolve estas accións no marco do programa de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa e nas zonas de acceso e protección.
O fin último dos traballos é mellorar os leitos fluviais para favorecer as condicións naturais do ecosistema dos ríos, actuando nas áreas nas que a Xunta ten competencias, fóra das tramas urbanas fluviais de responsabilidade municipal.