O Espazo Xove de Vilalba celebra este venres a 30ª edición do Día da Bicicleta

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • A tradicional marcha ciclista sairá ás 19.30 horas da Praza da Constitución e a xornada contará ademais con sorteos, música en directo e propostas solidarias
Imagen del artículo O Espazo Xove de Vilalba celebra este venres a 30ª edición do Día da Bicicleta
Vilalba (Lugo), 25 de agosto de 2025

O Espazo Xove de Vilalba organiza este venres, 29 de agosto, a trixésima edición do Día da Bicicleta, unha cita xa consolidada no calendario de actividades da capital chairega.

A marcha ciclista sairá ás 19.30 horas da Praza da Constitución para facer un percorrido polas rúas da Pravia, rúa de Muras, rúa de Cospeito, avenida Terra Chá, rúa de Galicia, rúa Xosé María Chao Ledo e Praza Suso Gaioso, ata chegar novamente ao punto de inicio.

Os interesados en participar poden inscribirse ata dúas horas antes da saída no Espazo Xove de Vilalba (rúa Novo Cazón, s/n), en horario de 18.00 a 21.00 horas, ou chamando ao teléfono 982 82 83 40. A actividade está aberta a todas as idades e a inscrición é obrigatoria para participar no sorteo de agasallos que se fará unha vez concluído o paseo. A directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, sumarase á xornada, na que se prevé repetir o éxito de edicións anteriores con máis dun milleiro de inscritos.

A programación desta nova edición do Día da Bicicleta completarase cun concerto do grupo 'Mario Colomán & The clocks band', que actuará no templete da Praza da Constitución a partir das 21.30 horas.

Como é habitual, o evento terá tamén un marcado carácter solidario. Así, nesta edición recadaranse produtos para o Banco de Alimentos e porase á venda unha camiseta conmemorativa da xornada en homenaxe ao Dj e produtor vilalbés Juan Manuel Filgueiras Rama, máis coñecido como Lelé, gran afeccionado ao ciclismo que faleceu o pasado mes de abril. Os fondos recadados destinaranse integramente á Asociación contra o cancro de Lugo.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, explica que eventos populares como o Día da Bicicleta "contribúen a dar visibilidade ao labor do Espazo Xove, que ofrece á mocidade de Vilalba e da contorna un punto de encontro con alternativas de ocio durante todo o ano".

Entre as últimas propostas que a Administración autonómica ofreceu nestas instalacións figuran a Semana do Deporte -con torneos de baloncesto e fútbol-, a Feira da Primavera, obradoiros gastronómicos ou obradoiros de xadrez e pintura, entre outros.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/08/2025
1217779 {"title":"O Espazo Xove de Vilalba celebra este venres a 30ª edición do Día da Bicicleta","published_date":"2025-08-25","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/203696-govclipping-espana-notas-prensa.webp","id":"1217779"} galicia C. de Cultura, Lingua e Xuventude https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-25/1217779-espazo-xove-vilalba-celebra-venres-30-edicion-do-dia-da-bicicleta https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.