A Xunta licita por 943.000 euros o subministro e instalación de sistemas de almacenamento automatizado de farmacia con destino ao Hospital Montecelo de Pontevedra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 11 de setembro para presentar as súas ofertas
- A implementación de sistemas automáticos de almacenamento tipo carrusel permitirá optimizar o espazo físico dispoñible, reducir os tempos de preparación de pedidos internos e mellorar a precisión no control de stock

Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025
A Xunta vén de publicar, por medio da Consellería de Sanidade, no Portal de Contrato Públicos, a subministración e instalación de sistemas de almacenamento automatizado de farmacia con destino ao Hospital Montecelo de Pontevedra, por un importe de 943.800 euros.
As empresas interesadas neste procedemento teñen ata o 11 de setembro para presentar as súas ofertas.
A presente contratación responde á necesidade de dar unha correcta cobertura sanitaria á poboación da área de referencia de Pontevedra e O Salnés coa adquisición de sistemas automáticos de almacenamento tipo carrusel para o Servizo de Farmacia do Hospital Montecelo.
A implementación de sistemas automáticos de almacenamento tipo carrusel permitirá optimizar o espazo físico dispoñible, reducir os tempos de preparación de pedidos internos e mellorar a precisión no control de stock.
Estes sistemas, ademais, facilitan a integración cos sistemas de xestión do hospital, mellorando a rastrexabilidade dos medicamentos e diminuíndo o risco de erros na dispensación.
Así mesmo, estes equipos automatizados contribúen a liberar recursos humanos para tarefas de maior valor asistencial, o que reverte positivamente na calidade da atención farmacéutica.