A Xunta colabora coa Confraría de Aguiño con máis de 163.000 euros para proxectos de mellora dos equipamentos portuarios e a xestión pesqueira
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego financiou a reforma da Casa do Mar que supuxo a renovación da súa cuberta, a eliminación de humidades no seu interior, a introdución dun novo acceso e a habilitación de dúas novas
- A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro mantivo un encontro con representantes da entidade para abordar as necesidades dos profesionais e analizar a o deseño de novas accións
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Ribeira (A Coruña), 25 de agosto de 2025
A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Vázquez, continúa desenvolvendo unha intensa axenda de contactos coas diferentes confrarías de pescadores de Galicia. Nesta ocasión, a responsable autonómica visitou a Confraría de Pescadores de Aguiño onde destacou a estreita colaboración entre a Administración autonómica e o pósito materializada en máis de 163.000 euros en investimentos este ano ao abeiro das diferentes liñas de axuda da Consellería do Mar.
Nesta liña, detallou que estes recursos permitiron mellorar as condicións hixiénico sanitarias da lonxa así como afondar na xestión e conservación dos recursos mariños, reforzando así a competitividade e sostibilidade da actividade pesqueira na zona mediante a contratación de catro vixilantes e a asistencia técnica. Por outro lado, este ano tamén foi desenvolvida unha acción de recuperación do substrato areoso en bancos marisqueiros mediante remoción controlada e medidas de conservación sostible.
Unhas iniciativas que dan continuidade as desenvolvidas en anos anteriores con apoio da Xunta como a posta en marcha o ano pasado para a recuperación do stock da ameixa babosa nas autorizacións marisqueiras da Confraría de Aguiño. Ademais, e no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP), tamén se acometeu a reforma da Casa do Mar que supuxo a renovación da súa cuberta, a eliminación de humidades no seu interior, a introdución dun novo acceso e a habilitación de dúas novas cun investimento de 200.000 euros.
Unha colaboración que alcanza o ámbito da investigación coa participación do pósito no proxecto Calimar, liderado pola Universidade de Santiago de Compostela e realizado no marco da rede de colaboración entre o sector pesqueiro e os centros de investigación mariña autonómicos, Redemar. O obxectivo é estudar o impacto da contaminación química e microbiana na produción de bivalvos.
A directora xeral aproveitou a visita á Confraría de Aguiño para manter unha reunión con representantes coa finalidade de analizar as necesidades específicas dos profesionais do mar da zona. Ademais, tamén abordouse o estudo e deseño de novas medidas que permitan reforzar a actividade pesqueira e marisqueira, estratéxica para Galicia, cun gran impacto en termos económicos e de emprego nas comunidades costeiras.