A Xunta destina 5 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a creación de centros avanzados de uso compartido impulsados por grandes empresas galegas

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Diario Oficial de Galicia publica a nova convocatoria dun programa que destina 5 millóns de euros á creación de infraestruturas locais de uso aberto e compartido
  • A iniciativa, posta en marcha pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, financiará ata o 60 % do investimento
  • O impulso de grandes empresas tractoras garante a viabilidade das infraestruturas e facilita que o tecido empresarial e emprendedor galego acceda a recursos de alto valor engadido
  • Con anticipos de ata o 80%, as axudas teñen como finalidade a posta en marcha de proxectos que contribúan a nivel local a mellorar a contorna das compañías e os consumidores e a modernizar e desenvolver a base industrial
Imagen del artículo A Xunta destina 5 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a creación de centros avanzados de uso compartido impulsados por grandes empresas galegas
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar as bases da nova convocatoria do programa para a creación de infraestruturas locais de uso aberto e compartido, como centros de equipamentos ou de servizos avanzados. A iniciativa, impulsada pola Consellería de Economía e Industria a través do Igape, está dirixida a grandes empresas galegas na procura dun ecosistema produtivo máis moderno, colaborativo e competitivo do que se poidan beneficiar pemes e emprendedores. O orzamento destinado ascende a 5 millóns de euros.

Estas axudas permitirán financiar ata o 60 % dos investimentos subvencionables, cun tope de 2,5 millóns de euros por proxecto. Ditos investimentos deberán destinarse á creación de espazos, infraestruturas industriais ou de servizos que estean dispoñibles para outras empresas ou entidades, mediante un sistema de uso aberto, transparente e non discriminatorio, é dicir, lugares aos que teñan acceso todas as empresas que cumpran coas condicións de acceso establecidas. Os proxectos deberán estar orientados a mellorar a contorna das empresas e os consumidores, así como a modernizar e desenvolver a base industrial galega.

A convocatoria contempla tamén a posibilidade de solicitar anticipos de ata o 80 % da axuda concedida, o que supón un importante reforzo da capacidade financeira das entidades promotoras. Este mecanismo contribúe a garantir a viabilidade dos proxectos desde as súas fases iniciais, favorecendo a súa execución áxil e eficiente.

O prazo para a presentación de solicitudes dará comezo ás 9:00 horas do día 1 de setembro e permanecerá aberto ata as 14:00 horas do día 1 de outubro de 2025. Os proxectos deberán estar executados antes do 1 de outubro de 2027, e as solicitudes de cobramento deberán presentarse dentro deste prazo.

Efecto tractor

O Goberno galego considera prioritario que estas infraestruturas actúen como dinamizadores do territorio e do tecido produtivo galego, permitindo que pemes, emprendedores ou startups poidan acceder a recursos de alto valor engadido que, doutro xeito, estarían fóra do seu alcance.

Así, estímase que os proxectos promovidos por grandes empresas terán un forte efecto tractor sobre sectores clave da economía galega, impulsando a súa modernización, capacidade competitiva e adaptación aos novos retos.

Esta nova convocatoria dá continuidade a programas anteriores que permitiron apoiar a creación de centros de fabricación avanzada e dixitais en distintos puntos de Galicia, con máis de 31 millóns de euros en investimentos e máis de 24 millóns en subvencións.

Entre as infraestruturas apoiadas figuran o Centro Biotecnolóxico do Tambre, o Centro de Tratamentos Térmicos de Narón, o Centro de Servizos Avanzados da Cidade das TIC da Coruña e unha planta piloto en Curtis para a síntese de proteínas e subprodutos lácteos de alta calidade.

Con este programa, a Xunta reafirma a súa aposta por un modelo produtivo baseado na cooperación público-privada, no aproveitamento das capacidades tractores das grandes empresas e na posta ao servizo do tecido empresarial galego de espazos e recursos compartidos que impulsen a innovación, a competitividade e o crecemento sostible.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/08/2025
1217703 {"title":"A Xunta destina 5 M€ a unha nova convocatoria de axudas para a creación de centros avanzados de uso compartido impulsados por grandes empresas galegas","published_date":"2025-08-25","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1217703"} galicia C. de Economía e Industria https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-25/1217703-xunta-destina-5-m-unha-nova-convocatoria-axudas-creacion-centros-avanzados-uso-compartido-impulsados-grandes-empresas-galegas https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.