Xunta e Concello de Carballo asinan a cesión de solo para a construción de 73 vivendas de promoción pública, no mesmo día que o Executivo galego licita a redacción do proxecto e dirección da obra
Resumen autogenerado por OpenAI
Audios generados (reproducción automática)
Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.
- O Goberno galego estima en 14 M€ o investimento total neste novo inmoble
- A conselleira anuncia que xa se publicou hoxe a licitación para a redacción do proxecto deste edificio, por un importe de 549.708,69€
Estas imágenes pertenecen a Página Oficial de la Xunta de Galicia
Carballo (A Coruña), 25 de agosto do 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto ao secretario xeral de Vivenda e Urbanismo, Heriberto García Porto, asinou hoxe o convenio para a cesión gratuíta dunha parcela para a construción dun edificio de promoción pública para 73 vivendas en Carballo. Situada na rúa Médico José Manuel Lado 18-20, conta cunha superficie de 1.998 metros cadrados.
M. Allegue anunciou, ademais, que hoxe mesmo publicouse no perfil do contratante a licitación da redacción do proxecto e dirección de obra do inmoble, por un importe de 549.708,69€. O investimento total estimado que fará a Xunta de Galicia nesta actuación é de 14 M€. A Xunta abordará a construción destes novos fogares a través da Sociedade de Vivenda Pública de Galicia.
A conselleira salientou a colaboración cos concellos para acadar máis solos para a promoción de vivendas públicas con acordos coas administracións locais de Lugo, Pontevedra, A Coruña, Vilagarcía, Ames, Lalín e A Estrada, entre outros.
A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas destacou que o Goberno galego "ten un firme compromiso coa veciñanza de Carballo en canto ao acceso á vivenda" e recordou que se concederon 9 axudas de máis de 120.000 € á veciñanza para a adquisición de fogares.
Por último, M. Allegue salientou que a Xunta está a redobrar esforzos para facilitar o acceso á vivenda, a través de distintas vías. En canto á construción de nova vivenda protexida, o Goberno galego conta con máis de 2.800 fogares en marcha, en diferentes fases de tramitación.
A conselleira tamén destacou que a Xunta está a mobilizar vivenda baleira, co programa Fogar Vivo, en prazo para presentar solicitudes, con achegas de ata 16.000 €. Por último, fixo fincapé no desenvolvendo solo residencial para 25.000 vivendas, a través da Estratexia Galega de Solo Residencial.