A Xunta asina o convenio de colaboración coa Fegamp para realizar programas de atención e protección da saúde en relación coas adiccións

Resumen autogenerado por OpenAI

Audios generados (reproducción automática)

Los audios se reproducen de forma automática uno detrás de otro. Haz clic en el icono para descargar el audio o aumentar/disminuir la velocidad de reproducción.
Debido al tamaño del artículo, la generación del audio puede tardar unos segundos y es posible que se generen varios audios para un mismo artículo.

  • O Executivo galego destina máis de 4 M€ para a atención sanitaria dos trastornos adictivos
  • A intervención da asistencia sanitaria farase por medio das unidades asistenciais de drogodependencias e unidades de día de titularidade municipal
  • Os dispositivos sanitarios dos concellos incluídos no ámbito de aplicación desta colaboración cumprirán as directrices e instrucións de coordinación e programación establecidas polo departamento sanitario galego
  • Ao abeiro deste convenio, as unidades asistenciais de drogodependencias atenderon no pasado ano 7.177 pacientes
  • A Xunta e a Fegamp están a avanzar no proceso de integración das unidades de atención á drogodependencia de titularidade municipal no Servizo Galego de Saúde
Imagen del artículo A Xunta asina o convenio de colaboración coa Fegamp para realizar programas de atención e protección da saúde en relación coas adiccións
Santiago de Compostela, 25 de agosto de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo Pouso, e o de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, asinaron recentemente o convenio de colaboración entre o Executivo galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para realizar programas de atención e protección da saúde no eido das adiccións. En virtude deste acordo, a Xunta achegará 4.022.800 euros para o financiamento das actuacións e programas que realicen as unidades de drogodependencia e de día de titularidade municipal.

O obxecto deste convenio que agora se renova establece as condicións que rexen a relación entre a Xunta, a Fegamp e os concellos que se adhiran e acepten as bases que regulan o financiamento e o desenvolvemento de programas de axudas para unidades asistenciais de drogodependencias e unidades de día.

Con este acordo, o Executivo galego dá continuidade aos servizos que xestionan as entidades locais no relativo a prestacións de atención sanitaria aos trastornos adictivos existentes en cada unha delas e fortalece unha asistencia sanitaria accesible e de calidade, fomentando a promoción da saúde e ampliando as medidas para evitar ou diminuír o consumo de substancias prexudiciais para a poboación galega.

A Fegamp, como entidade colaboradora e representante única de todos os concellos que dispoñen de servizos de atención sanitaria de trastornos adictivos, recibirá os fondos da Xunta e será a encargada de transferírllelos aos municipios.

Con este convenio tamén se dá continuidade á implicación das entidades locais na prestación de servizos esenciais para un sector da poboación que padece trastornos adictivos, mantendo a proximidade das persoas usuarias a este tipo de servizos terapéuticos e facilitando a atención a través de dispositivos de carácter municipal ou comarcal.

Funcións que se realizarán

A intervención de asistencia sanitaria e atención aos trastornos adictivos, que se fará a través das unidades asistenciais de drogodependencias e as unidades de día, comprenderá, entre outras funcións, as de indicación ou prescrición e procedementos diagnósticos e terapéuticos; atencións de saúde mental e a asistencia psiquiátrica e psicolóxica; rehabilitación en pacientes con déficit funcional recuperable; a educación para a saúde no seu ámbito de actuación; a participación nos sistemas de vixilancia e información; a participación na docencia, a formación continuada e a investigación, así como a realización das prestacións sociosanitarias que correspondan con este nivel de asistencia, en coordinación co sistema de servizos sociais, e a participación nas accións de coordinación cos centros de atención primaria.

Os dispositivos sanitarios dos concellos incluídos no ámbito de aplicación deste convenio cumprirán as directrices e instrucións de coordinación e programación establecidas pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde.

Ao abeiro deste convenio, as trece unidades asistenciais de drogodependencias de titularidade municipal atenderon no pasado ano 7.177 pacientes, dos cales 5.688 son homes e 1.489 mulleres.

A Xunta e a Fegamp están a avanzar no proceso de integración das unidades de atención á drogodependencia de titularidade municipal no Servizo Galego de Saúde. Esta integración permitirá optimizar os recursos dispoñibles e ofrecer unha atención máis integral e coordinada a estes colectivos.

Entre tanto, o convenio para o financiamento da asistencia sanitaria nos centros de atención á drogodependencia formalízase entre a Xunta e a Fegamp, que é a que distribúe os recursos entre as diferentes unidades.

Documentos descargables
0
Histórico de cambios
1
Artículo publicado
Detectado: 25/08/2025
1213452 {"title":"A Xunta asina o convenio de colaboración coa Fegamp para realizar programas de atención e protección da saúde en relación coas adiccións","published_date":"2025-08-25","institution_slug":"galicia","institution_name":"Xunta de Galicia","category":"press_release","category_name":"Notas de prensa","image":"https:\/\/govclipping.com\/uploads\/images\/99848-govclipping-espana-galicia-notas-prensa.webp","id":"1213452"} galicia C. de Sanidade https://govclipping.com/modules/controller/ReferencesController.php Resaltar Quitar resaltado true https://govclipping.com/modules/controller/ArticlesController.php https://govclipping.com/modules/controller/SubsidyController.php https://govclipping.com/modules/controller/UserDatasetActionsController.php https://govclipping.com/search https://govclipping.com/search?keywords= Error "" region subsidy initiative Error Ha habido un error: {error}. Inténtalo de nuevo más tarde. Éxito La operación se ha realizado correctamente. Elemento guardado en la lista El elemento ha sido modificado Elemento eliminado de la lista Guardar para leer más tarde Aceptar Cancelar No se han encontrado artículos adicionales. https://govclipping.com/modules/controller/NewslettersController.php ¡Suscripción realizada! Te has suscrito correctamente a la newsletter de GovClipping. Algo salió mal No ha sido posible suscribirte a la newsletter. Vuelve a introducir tu email o inténtalo de nuevo más tarde. Error No se ha podido enviar la alerta de prueba a tu correo electrónico {email}. Inténtalo de nuevo más tarde. Alerta de prueba enviada Se ha enviado una alerta de prueba únicamente a tu email {email}. Revisa tu carpeta de Spam y añade @govclipping.com a tu lista de contactos. Enviar email de prueba Se enviará un email de prueba únicamente al correo electrónico de esta cuenta. Si no lo recibes, revisa tu carpeta de Spam. Enviar a todos los destinatarios Se enviará el correo electrónico a todos los destinatarios. Si no lo reciben, revisen su carpeta de Spam. Error No se ha podido enviar el correo electrónico a todos o algunos de los destinatarios. Inténtalo de nuevo más tarde. Correo electrónico enviado Se ha enviado el correo electrónico a todos los destinatarios. Revisen su carpeta de Spam y añadan @govclipping.com a su lista de contactos. Este contenido está disponible para usuarios premium Mejora tu cuenta para desbloquear y acceder todo el contenido premium sin restricciones. Consulta todas las ventajas de ser Premium en Planes de suscripción. Mejora tu cuenta https://govclipping.com/pricing Enlace copiado en portapapeles. Tu cuenta no está asociada a un Organización. Únete a uno o actualiza tu suscripción para crear tu propia Organización. https://govclipping.com/es/galicia/press_release/2025-08-25/1213452-xunta-asina-convenio-colaboracion-coa-fegamp-realizar-programas-atencion-e-proteccion-da-saude-relacion-coas-adiccions https://govclipping.com/signup https://govclipping.com/modules/controller/UserController.php Sector económico actualizado! El sector económico de tu perfil ha sido actualizado correctamente. Error Por algún motivo no hemos podido tramitar la petición. Vuelve a intentarlo más tarde.